Número 313- 02 de maio de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

Estado das cousas

Nestas últimas semanas dedicamos varias reunións da Xunta de Persoal así como xuntanzas coa Xerencia a acabar temarios, estudar as convocatorias das promocións e a darlle remate á modificación do regulamento de listaxes de agarda. Agardamos agora mesmo, que a Xerencia nos remita a Oferta de Emprego Público de 2016 para o correspondente estudo. Esta OEP, como vos sinalamos nas asembleas, acumularase á do ano pasado, corresponderá a prazas da Escala Xeral e incluirá, tamén, as promocións acordadas. Debido a que só pode contemplar o 100% da taxa de reposición (non pode ser expansiva) e, polo tanto, corresponder un número moi pequeno de postos acumularanse as Ofertas de 2015, 2016 e 2017.

 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 UNIVERSIDADES GALEGAS
    Os resultados dun informe estatal salientan que Galicia é a comunidade máis barata para estudar unha carreira, a sexta por demanda, pero tamén un dos sitios con menos éxito do alumnado, con menos estudantes estranxeiros, cun dos corpos docentes máis envellecidos e cun gasto en I+D moi discreto.
 Á CARTA - OPINIÓN
    A investigación á Xunta polo atraso ou a negativa de medicación a enfermos de hepatite C que terminaron falecendo chegou ao Parlamento de Galicia. O Presidente Feijóo comparecía onte despois de que o fixese o día anterior o Conselleiro de Sanidade e a estratexia do PP reduciuse a unha condena á oposición por utilizar, di, as mortes de forma partidista.
 CRISE ESTAFA
    Pese a que Rajoy non se cansa de repetir aquelo de que “España va bien” e de que Feijoo énchese a boca sinalando o bo momento polo que pasa a economía de Galiza, o certo é que as estatísticas encárganse de poñer as cousas no seu lugar. O paro segue en números indecentes e a precariedade esténdese cun regueiro de miseria que cada vez alcanza a máis persoas porque xa, o feito de ter traballo, non serve para escapar dela.
MOVIMENTO DE FEMINISTAS AUTÓNOMAS DA GALIZA

    No pasado 20 de Febreiro de 2016 tiveron lugar os IV Encontro de Feministas Autónomas en Vigo co tema “Contra as violências machistas, iniciativas feministas”. Este é o cuarto dunha serie de encontros que se levan a celebrar nos últimos anos e que pretenden ser espazos de coñecemento, reflexión, construción de estratexias e alternativas políticas feministas para vivir mellor no día a día tanto no ámbito privado como no público.

REGANOSA

    E xa son tres, as sentenzas do Tribunal Supremo, con esta última, do 25 de Abril de 2016, que anula as resolucións que aprobaban o proxecto de execución de instalación da planta de gas de Reganosa.

 REFUXIAD@S
    Os enfrontamentos comezaron na sección onde residen os menores que non están acompañados, quen abriu un buraco no valo que os separa do resto dos detidos para esixir a súa liberación, segundo informou a policía local á axencia de noticias EFE.
SÁHARA

    Mohamed Salem Ould Salek, o Ministro de Asuntos Exteriores do Sáhara, manifestou de xeito tallante que "Se a ONU non avanza cara á celebración dun referendo de autodeterminación declararán a guerra a Marrocos ". Neste tenso contexto, no que o propio secretario xeral da ONU advertiu sobre a posibilidade de que poida estalar na rexión un conflito bélico de proporcións incalculables, un avión militar marroquí estrelouse o luns da pasada semana no norte de Mauritania, xusto na fronteira do Sáhara Occidental.

• OPINIÓN - Pablo Valeiras Rios

    A palabra “Indecente” como tantas outras é das que na linguaxe coloquial a convertemos en polisémica. En función ao contexto e á persoa que a utiliza terá un significado. Segundo se recolle nos medios de Comunicación o candidato do PSOE Pedro Sanchez afirmou “Me equivoqué al llamar a Rajoy indecente en la forma, pero no en el fondo”.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    O pasado día 28 de abril realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno. A razón dunha reunión aos poucos días de se realizar a de aprobación dos orzamentos xustificouse pola urxencia da aprobación do calendario académico do vindeiro curso 2016-2017.
 MÁIS UNIVERSIDADES PRIVADAS EN GALIZA
    Non é sen avisar, no ano 2014 xa se sinalaba a intención de converter as escolas de negocios” en universidades privadas, Abanca acaba de facer pública a creación da súa universidade privada, baixo a denominación de Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) do que é compoñente esencial a Escuela de Negocios de Afundación e que impartirá no vindeiro curso (2016-2017) o grao de ADE, o MBA, seis títulos duais de Bachelor in Business Administration/ADE coa Dublin Business School e 26 titulacións propias de mestrado, especialista e experto.
 PENSIÓNS - GALIZA A 2ª MÁIS BAIXA DO ESTADO
    A pensión media en Galiza subiu un 1,9% en abril en Galiza en relación co mesmo mes do ano anterior, ata 760,09 euros, o que representa un 84,4% sobre a contía media estatal (900,50 euros), segundo os datos que publicou o pasado martes o Ministerio de Empleo y Seguridad Social. A pensión media en Galiza segue a ser a segunda máis baixa por CCAA.
 INTERINOS - SENTENZAS
    Unha sentenza da Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratifica a condena ao Sergas para repoñer no seu posto a unha auxiliar de enfermería do hospital de Verín (Ourense) á que non renovou cando se puxo enferma e despois de facerlle varios contratos temporais durante máis de catro anos.
 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS COIA
    Partillamos outro texto que puidemos escoitar a pasada fin de semana na Escola Ramón Fernández Durán da man de Toni Valero, compañeiro de Baladre que vive no Parke.
 GUERRA DO LEITE
    Os votos do PPdeG rexeitaron este martes unha moción do BNG que, co apoio de toda a oposición, pedía a creación dunha comisión de seguimento da situación do sector lácteo en Galicia que tivese entre os seus labores alcanzar un acordo entre os produtores e a industria para "unha participación equilibrada" da cadea de valor.
 FRANCIA, FOLGA XERAL
    Miles de traballadores e estudantes volveron protestar en Francia contra a reforma laboral que pretende impoñer o goberno, nunha xornada que se saldou con serios incidentes entre os manifestantes e a policía e un maior número de feridos e detidos.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    O vindeiro 17 de maio co lema “o idioma é a vida” terá lugar unha manifestación en Santiago que sairá ás 12h da Alameda. Como todos os anos, precisamos da túa colaboración para a distribución e venda de materiais da Mesa ou de Queremos Galego que axuden a financiar os gastos da organización, ou para participares no servizo de orde. Para axudares só tes que enviar un correo electrónico a: amesa@amesa.gal indicando os teus datos de contacto. Unha vez que teñamos as tarefas distribuídas porémonos en contacto contigo.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        NON

         
          TERCEIRA ROLDA DE CONSULTAS

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript