NÚMERO 313 - 02/05/2016
CUTUDC / Novidades
A palabra “Indecente” como tantas outras é das que na linguaxe coloquial a convertemos en polisémica. En función ao contexto e á persoa que a utiliza terá un significado. Segundo se recolle nos medios de Comunicación o candidato do PSOE Pedro Sanchez afirmou “Me equivoqué al llamar a Rajoy indecente en la forma, pero no en el fondo”.
Para min, sen embargo,
unha persoa “indecente” é aquela que non é honesta
e
non respecta a dignidade e polo tanto é inxusto.
Todas estas definicións
aparecen no dicionario da RAE.
Para min unha persoa que incumpre co compromiso de
non tocar as pensións,
que incumpre co compromiso de non reducir o
investimento en Educación, que
incumpre o compromiso de non introducir o copago na
Sanidade É INDECENTE.
Para min unha persoa permite que no seu goberno
participen Ministros de
Economía que esixen esforzos os cidadáns mentres el
utiliza tarxetas “black”
para gastos.... ou Ministros que negan os seus
negocios en Paraísos Fiscais
como Panamá É INDECENTE.
Non é menos INDECENTE aquela persoa que di
antes das eleccións “no le
podemos pedir más esfuerzos a los funcionarios” e
pasadas as mesmas
converte aos funcionarios galegos nos únicos que
teñen recortes
Por certo, tamén me parece que unha persoa que as
cuestións económicas por
enriba das persoas enfermas, incluso deixándoas
morrer tamén É
ABSOLUTAMENTE INDECENTE
Vigo, 28 de abril 2016
Pablo Valeiras Rios
Voceiro de AXG-CUT
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript