Maio de 2016
 
 

NÚMERO 313 - 02/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  Á CARTA - OPINIÓN
 

As explicacións de Feijóo tras as mortes por Hepatite C

A investigación á Xunta polo atraso ou a negativa de medicación a enfermos de hepatite C que terminaron falecendo chegou ao Parlamento de Galicia. O Presidente Feijóo comparecía onte despois de que o fixese o día anterior o Conselleiro de Sanidade e a estratexia do PP reduciuse a unha condena á oposición por utilizar, di, as mortes de forma partidista.

 

  • Noticias relacionadas

 

Non foi a oposición política, que ten todo o dereito a denunciar, se non o Fiscal o que pediu unha investigación por homicidio imprudente e por prevaricación administrativa. Non foi a oposición política se non o xuíz o que abriu dilixencias por prevaricación que levarán ou non a determinar se houbo outro delito. As familias de persoas, veciñas nosas, que faleceron foron as que denunciaron. Relacionar dúas ou tres mortes cos recortes, dixo o presidente, era un disparate. Unha soa morte á espera dunha medicación que existe, unha, é unha traxedia e un feito gravísimo que non pode explicarse arrogándose a indignación da profesión médica cando houbo protestas de colexios profesionais pola actitude da Xunta na subministración de fármacos contra a hepatite C. Hoxe comparecen os altos cargos sinalados polo fiscal. Hai que investigar e depurar responsabilidades sobre o ocorrido. Polo ben da sanidade pública.
 
Consuelo Bautista
 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript