NÚMERO 313 - 02/05/2016
CUTUDC / Novidades
Nestas últimas semanas dedicamos varias reunións da Xunta de Persoal así como xuntanzas coa Xerencia a acabar temarios, estudar as convocatorias das promocións e a darlle remate á modificación do regulamento de listaxes de agarda. Agardamos agora mesmo, que a Xerencia nos remita a Oferta de Emprego Público de 2016 para o correspondente estudo. Esta OEP, como vos sinalamos nas asembleas, acumularase á do ano pasado, corresponderá a prazas da Escala Xeral e incluirá, tamén, as promocións acordadas. Debido a que só pode contemplar o 100% da taxa de reposición (non pode ser expansiva) e, polo tanto, corresponder un número moi pequeno de postos acumularanse as Ofertas de 2015, 2016 e 2017.
Os temarios revisados están desde o xoves da semana pasada ao voso dispor na páxina web da Xunta de Persoal na que tamén está o baremo acordado para a fase de concurso.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript