NÚMERO 313 - 02/05/2016
CUTUDC / Novidades
No pasado 20 de Febreiro de 2016 tiveron lugar os IV Encontro de Feministas Autónomas en Vigo co tema “Contra as violências machistas, iniciativas feministas”. Este é o cuarto dunha serie de encontros que se levan a celebrar nos últimos anos e que pretenden ser espazos de coñecemento, reflexión, construción de estratexias e alternativas políticas feministas para vivir mellor no día a día tanto no ámbito privado como no público.
Nesta
convocatoria realizou-se unha dinámica de
participación social chamada “Café Diálogo”
no que as 50 persoas, maioritariamente mulleres,
que participamos nela concluímos o seguinte:
1) A maior violencia machista que sofremos na
actualidade é a negación sistemática (por parte do
Estado, medios de comunicación, movementos sociais
e sociedade en xeral) da existencia dunha estrutura
patriarcal que asigna roles de xénero imutables e
represores da diversidade de identidades sexuais,
culturais e políticas que realmente existe na
sociedade. Un sistema que culpabiliza, autolimita,
e invisibiliza particularmente ás mulleres,
impedíndonos mesmo recoñecer e denunciar con
claridade que o malestar que sentimos, sea cal for
a súa intensidade, é violencia.
2) A pesar do traballo feito polo feminismo e as
mulleres a nivel individual ao longo da historia e
en ámbitos diversos (política, cultura, saúde,
activismo, etc), non sentimos, neste momento, que
teñamos claras aliadas alén de nós propias e o
movemento feminista.
3) Frente a esta situación precisamos:
a. Visibilizar de xeito transversal as violencias
machistas en toda a súa dimensión, sendo nós quen
definamos o que é violencia machista.
b. Auto-organizármonos en grupos de apoio por
afinidade, localidade, etc, para traballar do
individual ao colectivo na toma de conciencia,
educación autoestima, acción política e coidados.
c. Tecer redes seguras e autónomas para criar
estratexias e ferramentas feministas integrais,
tanto na economía e praxe como no pensamento.
d. Asumir os nosos direitos e exercelos aqui e
agora a través da acción directa, autodefensa e
toma de espazos de poder.
Realizouse tamén durante este IV Encontro de
Feministas Autónomas a Feira de Proxectos de
Vida onde se evidenciou a riqueza, forza e
enerxía que temos as mulleres para dinamizarnos a
nós mesmas e á sociedade. Houbo proxectos de arte,
economía, vivenda, xestión, cultura, alimentación,
artesanía, radio, publicacións, sexoloxía, roupa,
educación e crianzas, accións e identidade sexual,
etc. Foi un primeiro paso cara a visibilización do
noso potencial transformador e e materialización de
iniciativas que nos sitúen nun novo camiño de
construción de vidas feministas.
Movimento de Feministas Autónomas da Galiza.
Para mais información sobre este e pasados
encontros poden consultar o noso blogue
feministasautonomasgaliza.blogspot.com.
Recollido de Ártabra 21
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript