NÚMERO 313 - 02/05/2016
CUTUDC / Novidades
O pasado día 28 de abril realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno. A razón dunha reunión aos poucos días de se realizar a de aprobación dos orzamentos xustificouse pola urxencia da aprobación do calendario académico do vindeiro curso 2016-2017.
No seu informe
o reitor sinalou que, despois de que o goberno
central rexeitase adiar a aplicación da LOMCE no
que se refire ás probas de acceso á universidade. A
CRUE e goberno chegaron ao acordo polo que se
aproveitarán as reválidas para incluír as probas de
acceso á universidade. As dúas probas serán
xestionadas polas universidades.
 
Como sinalamos o punto principal da convocatoria
foi o calendario académico que, despois dunha curta
discusión quedou aprobado á espera de se modificar
algunha data a solicitude d@s estudantes.
 
As modificacións transmitiránsenos aos membros do
Consello Social no menor espazo de tempo.
 
Á espera desas pequenas modificacións
este é o calendario aprobado.
 
Aclaracións ao calendario de prescrición e
matrícula nos másters universitarios
Sinalar que se aprobou por unanimidade a concesión
da medalla de ouro ao doutor don Xosé Luís Armesto
Barbeito
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript