NÚMERO 313 - 02/05/2016
CUTUDC / Novidades
E xa son tres, as sentenzas do Tribunal Supremo, con esta última, do 25 de Abril de 2016, que anula as resolucións que aprobaban o proxecto de execución de instalación da planta de gas de Reganosa.
Trata-se da Sentencia
889/2016 do TS Sala do Contencioso-Administrativo
Sección Terceira, que falla sobre o Recurso de
Casación Número 2175/2013, interposto polas
entidades veciñais pertencentes ao Comité Cidadán
de Emerxencia da Ría de Ferrol, contra a Sentencia
ditada pola Sección Sexta da Sala do
contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de
Xustiza de Madrid, datada en 30 de Abril de 2013 no
Recurso Contencioso-Admisitrativo número 966/2004,
sendo partes recurridas a Administración Xeral do
estado e Reganosa.
Polo tanto a Sentencia do TS (889/2016), agora
fallada, ven anular a Resolución da Dirección Xeral
de Política Enerxética e Minas de 13 de Febreiro de
2004, pola que se aprobaba o proxecto de execución
das instalacións da planta de recepción,
almacenamento e regasificación de GNL de Mugardos
(Reganosa) e contra a Secretaría de Estado de
Enerxía que confirmou a citada Resolución da
Dirección Xeral o 13 de Decembro de 2014.
En resumo Reganosa ten anuladas por sentenzas
firmes do TS, a modificación puntual do PXOM de
Mugardos sobre o que se construíu a planta
regasificadora, a Autorización Previa de
Instalación da Planta de Gas e por último, agora
tamén, o proxecto de execución das instalacións da
planta de recepción, almacenamento e regasificación
de GNL de Mugardos. Polo tanto todo o
despropósito gasista, non só é altamente perigoso,
senón que está baseado en resolucións ilegais que
foron declaras nulas de xeito irrevogábel polo
Tribunal Supremo, máxima instancia xudicial que
dioua sentenzas firmes e inapelábeis.
Mañá venres, 29 de Abril, reúne-se o Comité Cidadán
de Emerxencia para analizar a situación e acordar
os novos pasos a dar na loita contra este
despropósito gasista, construído coa complicidade
de políticos sen escrúpulos que nos instalaron unha
planta de gas no corazón da nosa Ría que nos ameaza
todo-los días, aumentando exponencialmente esta
ameaza, sempre que entra na Ría un buque, cargado
con gas natural licuado (GNL/LNG) para a perigosa e
ilegal planta regasificadora de Reganosa en Punta
Promontoiro, encostada ao complexo petroquímico do
Grupo Tojeiro (Forestal del Atlántico, Imegalsa,
...).
As tres sentenzas firmes do TS contra Reganosa:
Enlaces de referencia:
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript