Número 312- 25 de abril de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

O Consello Social aproba os Orzamentos de 2016

Na sesión do Consello Social do xoves día 21 quedaron, definitivamente aprobados e por ampla maioría os Orzamentos do ano 2016. Na votación realizada só houbo un voto en contra (PAS) e unha abstención (da representación d@s estudantes).

 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    Nestes días pasados os medios de comunicación publicaban a decisión do Goberno en funcións de pagar, neste mes, @s traballador@s da Administración do Estado o 50% da paga extra que, ao igual que á práctica totalidade de traballador@s do resto das administración se nos recortou no ano 2012. A decisión que como tod@s sabemos é elctoralista pon de manifesto, una vez máis, a diferenza de trato dest@s traballador@s con respecto @s que dependemos do goberno do PP galego.
 BOMBEIROS CONTRA A PRIVATIZACIÓN
    Máis de medio milleiro de bombeiros públicos e privados das catro provincias galegas participaron este luns na manifestación convocada pola Mesa Intersindical en Ourense para rexeitar a privatización dos parques comarcais e reclamar un modelo de xestión directa por parte das Administracións públicas.
 O SEGUNDO SAHARAUÍ MORTO EN DEZ DIAS
    O goberno da República Árabe Saharauí Democrática (RASD) condenou e comunicou esta fin de semana a morte do líder sindical Brahim Saika por mor de torturas nun cárcere de Marrocos, e cualificou o feito "de asasinato". A noticia foi transmitida por axénciaa Prensa Latina.
MOBILIZACIÓNS EN CHILE

    Algúns disturbios tensionaron este xoves a marcha de miles de estudantes en Chile, que protestaron contra o curso da reforma na educación implementada con extrema lentitude, segundo expresaron.

SINDICATO ANDALUZ DE TRABALLADOR@S

    Este fin de semana en Sevilla, na Universidade Pablo de Olavide, realizáronse unhas interesantes Xornadas ás que acudiron numerosos colectivos sociais e sindicais para intercambiar experiencias respecto da criminalización e a represión que sufrimos o sindicalismo de clase e os movementos sociais.

 BATAS BRANCAS - Evaristo Varo
    A denuncia polos atrasos que sufriron os enfermos de hepatite C nos seus tratamentos foi presentada pola Asociación Batas Brancas. O seu portavoz, Evaristo Varo, traballa como médico no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e atendeu persoalmente a varios dos afectados. "Levo corenta anos como médico e nunca pensei que unha administración podería deixar morrer a unha persoa por razóns económicas", lamenta Varo.
PENSIÓNS

    Certos informes económicos preséntanse como probas incuestionables sendo pura ideoloxía, para facer crer o lema neoliberal: non hai alternativas. Pero o problema non é que se menta nos informes, senón que aceptemos falar dos nosos dereitos coma se fosen mercadorías e non dereitos

• OPINIÓN - ECONOMISTAS SEN FRONTEIRAS

    Non é nada orixinal a idea de que o sistema capitalista comezou a entrar nunha nova fase a partir da década de 1980. Varias son as características que a definirían: a crecente desregulación e privatización, a revolución tecnolóxica, a globalización, o peso crecente do sector financeiro e a financiarización da economía, o poder cada vez maior das grandes empresas transnacionais, o enfraquecemento progresivo da forza sindical, a redución da capacidade de intervención económica do Estado, as dificultades estruturais do Estado de Benestar... Todos trazos complementarios que parecen, en efecto, estar a consolidar un modelo diferenciado de economía e de sociedade.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Como sabedes, xa volo comunicamos nas asembleas e en anteriores boletíns, a Xunta de Persoal está a elaborar unha nova regulamentación para a xestión das listas de agarda. Nesta nova regulamentación a Xunta de Persoal quere introducir as circunstancias que posibiliten que as persoas que acaden mellor posto nas listas teñan unha maior estabilidade como traballador@s da universidade.
 UNIVERSIDADE
    Durante o proceso de aprobación dos orzamentos deste ano manifestamos, tanto na reunión do Claustro, Consello de Goberno e Consello Social, que o Tribunal Supremo xa se pronunciara fallando en contra da universidade obrigando á devolución da parte devindicada da extra de 2013.
 CUT
    O sábado 16, baixo a lenda Sindicalismo en movemento, desenvolveuse unha xornada de debate da afiliación da CUT no auditorio do Centro Social de Vite, en Compostela.
 GRECIA
    Os terribles recortes nas pensións decretados polo goberno de Alexis Tsipras,, terminaron por mobilizar novamente a todos os sectores da sociedade grega. Este xoves, os traballadores dos medios de comunicación helenos iniciaron unha folga de 48 horas, non só en protesta polos brutais recortes do Executivo de Syriza en relación coas pensións, senón tamén en contra dunha abusiva reforma fiscal que pon ao pé dos cabalos da pobreza a unha boa parte do pobo grego.
 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS COIA
    Partillamos un texto da compañeira Mari Fidalgo no que fai unha valoración das xornadas "Da RISGa á Renda Básica das iguais" celebradas o pasado 2 de abril en Compostela.
 GUERRA DO LEITE
    Tanto o Sindicato Labrego Galego (SLG) como a Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG) denunciamos na xuntanza da Interprofesional Láctea (Inlac) celebrada en Madrid, o 20 de abril, a ineficacia de deixar ao arbitrio de cada un dos 28 estados membros o control da produción leiteira na Unión Europea.
 JUECES PARA LA DEMOCRACIA
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia a vulneración da escasa lexislación que ampara o galego por parte da mesma institución que ten obriga de defendela, a Xunta de Galiza
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       

         
          PINTADA

           
            IMPOSTOS

             
              Números anteriores
               
              De interese
              O sindicalismo de clase depende de tí
              CALENDARIO LABORAL 2010
              CALENDARIO LABORAL 2011
              CALENDARIO LABORAL 2012
              CALENDARIO LABORAL 2013
              CALENDARIO LABORAL 2014
              CALENDARIO LABORAL 2015
              CALENDARIO LABORAL 2016
              A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
               
              Sácalles a lingua  
               
              CONTRA O PACTO SOCIAL
              O XORNAL - información obreira
              O IMPERIALISMO NON PASARA!!
              NON AS NUCLEARES
              7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

              cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript