Abril de 2016
 
 

NÚMERO 311 - 18/04/2016

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALIZA
 

Protocolo para a actuación en materia de acoso laboral

A Xunta ven de transmitir ás organizacións sindicais unha nova proposta de Protocolo para a prevención, a detección, a actuación e a resolución de situacións de acoso laboral e outras discriminacións no traballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

  • Noticias relacionadas

 

No citado protocolo sinálase, entre outras cousas que “As accións de prevención e sanción do acoso laboral veñen conectadas co dereito á ocupación efectiva, a no discriminación e o respecto á intimidade e a consideración da súa dignidade aos que teñen dereito os traballadores conforme ao Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores. Ademais, as citadas accións conxúganse coa Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, que no seu artigo 15 establece os principios xerais, sendo, entre outros, evitar os riscos, avaliar os riscos que non se podan evitar e planificar a prevención, buscando un conxunto coherente que integre nela a técnica, a organización do traballo, as condicións de traballo, as relacións sociais e a influencia dos factores ambientais no traballo”.
 
Proposta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript