NÚMERO 311 - 18/04/2016
CUTUDC / Novidades
A Comisión Europea presentou unha directiva de Protección de Segredos Comerciais que será votada no Parlamento Europeo este mes de Abril e que supón unha grave restrición da liberdade de información tal e como está redactada.
No caso de
aprobarse castigaría con penas de cárcere e multas
de centos de miles de euros a quen difundan ou
filtren información interna dunha empresa sen a súa
autorización polo ben común ou para denunciar
prácticas ilegais ou potenciais perigos para os
consumidores; nunha palabra, por exercer o dereito
dos cidadáns a saber sobre asuntos que lles
afectan, por exercer o dereito á información que
xornalistas, académicos e outros colectivos
necesitan para desempeñar a súa tarefa de servizo á
sociedade.
O movemento cidadán
WeMove.EU lanzou unha campaña de recollida
de firmas titulada
‘Non ás novas leis sobre segredos comerciais’
para pedir aos parlamentarios europeos o seguinte:
A lexislación proposta pola UE sobre a
protección de segredos comerciais
fomenta en exceso o segredo das empresas e é
unha ameaza para os xornalistas, os seus
informantes e os traballadores responsables, así
como para o noso dereito a acceder á información de
interese público (sobre medicamentos,
pesticidas, emisións dos vehículos, etc).
Vota en contra desta lei e pide á
Comisión Europea que presente unha proposta que
protexa o segredo comercial sen pór en perigo os
nosos dereitos políticos.
Cando Antoine Deltour, un empregado da
multinacional PwC, decidiu filtrar algúns dos
maiores secretos financeiros da historia,
probablemente non sabía que se enfrontaría a un
xuízo por “violación de segredos comerciais”.
Deltour revelou
acordos tributarios pactados en segredo en
Luxemburgo que permitían por centos de
multinacionais como Amazon eludir millóns en
impostos dentro da UE.
Este mes de Abril, días antes do seu xuízo, o
euro parlamento votará unha nova lei que podería
silenciar a futuros informantes con penas de
cárcere e multas enormes, impedindo así que se
destapen malas prácticas e delitos corporativos.
Os pesos pesados da industria hai anos que
presionan respecto diso, pero o público xeral non
sabe nada deste tema.
Imaxe destacada:
WeMove.EU
Vídeo:
Xnet
Reproducido de
Socied@d Reticular
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript