Número 311- 18 de abril de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

Consello de Goberno do 14 de abril de 2016. Orzamentos aprobados

O pasado xoves, día 14, realizouse una nova sesión do Consello de Goberno que tiña como principal punto da orde do día a aprobación do anteproxecto de orzamento e Plano Operativo Anual 2016, ámbolos dous proxectos aprobáronse por ampla maioría, rexistrándose dous votos en contra, pertencentes ao representante de APA presente e á representante do Comité de Empresa e 4 abstencións que corresponderon maioritariamente á representación dos estudantes.

 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 UNIVERSIDADES
 AXUDAS Á CONCILIACIÓN FAMILIAR E LABORAL
    No DOG do 31 de marzo de 2016 publícase a Resolución do 28 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.
 CRISE ESTAFA
    O dato fíxoo público o xoves a Asociación de Ciencias Ambientais (ACA), que presentou en Madrid o seu terceiro estudo de pobreza enerxética: «Pobreza, vulnerabilidade e desigualdade enerxética. Novos enfoques de análises». O estudo revela que "5,1 millóns de persoas en España, o 11 % dos fogares, son incapaces de manter a súa vivenda a unha temperatura adecuada no inverno, o que supón un incremento do 22% en tan só dous anos, data do último estudo".
MOBILIZACIÓNS EN FRANCIA

    As rúas de Francia seguen en ebulición no medio de protestas populares contra a reforma laboral que pretende impoñer o Goberno de François Hollande

LIBERDADES

    "A última semana -advirte neste artigo Boro, xornalista e membro do coelctivo editorial La Haine - foi especialmente dura para a liberdade de expresión e información. E este ataque á liberdade de expresión vai moito máis alá do ámbito dos medios de comunicación (...).

 LOITA SOCIAL
    20 anos despois do masacre de El Dorado dos Carajás, o sangue das campesiñas e campesiños segue derramándose. Pero a nosa resistencia agora é máis forte que nunca.
 OS RECORTES NA CRISE-ESTAFA
    En 2009 España alcanzou a maior cifra de gasto público da súa historia. Naquel ano, as contas públicas pecharon cun déficit de 118.237 millóns de euros, o que equivaleu á nada desdeñable cifra do 10% do PIB.
NUCLEAR NON GRAZAS

    O Consello de Seguridade Nuclear (CSN) fixo públicos algúns informes que cuestionan a idoneidade de situar o Cemiterio Nuclear en Villar de Cañas (Cuenca). O Consello de Transparencia obrigou ao CSN a facer públicos algúns destes documentos confidenciais por mor dunha denuncia de Transparencia Internacional. Os ecoloxistas confían en que se paralice o proxecto.

• OPINIÓN - Isaac Rosa

    Adoitamos dicir que o peor da corrupción é este goteo de escándalos: hoxe o ministro Soria, onte Granada, mañá xa veremos. Angústianos que nos últimos anos non haxa unha semana sen pringue. Collan o calendario e comprobarano: nin en vacacións cesa esa pinga chinesa.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Un dos xornais que cubriu a rolda de prensa posterior á realización do Claustro do día 14 de abril, en concreto El Ideal Gallego sinalaba que “La plantilla, anunció Abalde, se mantendrá “estable” como en años anteriores, con las tasas de reposición que marca la ley. Así, se repondrá cada profesor que abandone su puesto, y la Universidad aprovechará para “promocionar” a ayudantes doctores y asociados hacia plazas más estables. En el personal de administración y servicios solo se repondrá uno de cada dos puestos”.
 XUNTA DE GALIZA
    A Xunta ven de transmitir ás organizacións sindicais unha nova proposta de Protocolo para a prevención, a detección, a actuación e a resolución de situacións de acoso laboral e outras discriminacións no traballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
 COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL
    O Comité Cidadán de Emerxencia fixo, o día13 de abril, no Salón de actos do Ateneo Ferrolán, ante os Medios de Comunicación e a cidadanía, unha extensa valoración da Sentenza do Tribunal Supremo que declara de xeito irrevocable a nulidade da Autorización Previa de Instalación da Planta de Gas de REGANOSA.
 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS COIA
    É a crise un fenómeno inherente ao capitalismo, ou un froito do seu mal funcionamento? É a pobreza un dos seus efectos colaterais ou un eixo central do mesmo?, Qué futuro nos agarda neste sistema? Existen posibilidades de enfrontarse a el?. Estas cuestións e moitas outras sobre a situación socio-económica e política actuais e posibilidades futuras, abordáronse na mesa redonda: “INDEPENDIZARSE DO CAPITALISMO. Situación actual e perspectivas”.
 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS COIA
    A última entrevista que partillamos grazas ao traballo de Galiza Contrainfo é a que lle fixeron a Albert Sales. Dez minutos que non debedes perder se queredes saber cal é a función da pobreza no capitalismo. Achegamos unha pequena presentación de Albert:
 CORRUPCIÓN
    Varias ONG e organizacións de activistas critican que as propostas anunciadas pola Comisión Europea para evitar a evasión fiscal das multinacionais son insuficientes.
 SAHARA. REPRESIÓN
    Segundo informa o dixital "El Confidencial Saharauí", o pasado sábado centos de saharauís tomaron as rúas de Smara, unha cidade do Sahara occidental, a antiga colonia española hoxe ocupada polo Exército marroquí. De acordo co citado dixital, a ocupación das rúas de Smara foi pacífica e tiña por obxectivo expresar a solidariedade cos presos saharauís e cos traballadores en paro.
 LIBERDADE DE INFORMACIÓN
    A Comisión Europea presentou unha directiva de Protección de Segredos Comerciais que será votada no Parlamento Europeo este mes de Abril e que supón unha grave restrición da liberdade de información tal e como está redactada.
 LINGUA - QUEREMOS GALEGO
    A Coruña, 14/04/2016-. A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 600 colectivos sociais de todo tipo concentrouse esta mañá ás portas da sede do TSXG, para mostrar o seu rexeitamento á sentenza da Sala do contencioso-administrativo, xa recorrida polo Concello de Lugo.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        AS PENSIÓNS NO FUTURO

         
          ESPREMID@S E DESTILAD@S

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript