NÚMERO 311- 18/04/2016
CUTUDC / Novidades
Máis colaboracións.
Coidado
Quérome
referir ao que alguén publicou no PASquín anterior. Paréceme
moi importante que os sindicatos, todos e todas as que nos
representades sexades conscientes da responsabilidade que
tedes nas vosas mans. Polo que saíu estes días na prensa
sobre a situación económica da universidade a raíz da
presentación do orzamento, as contas serán, practicamente as
mesmas do ano pasado, non podemos deixar de lembrar as
dificultades económicas que se manifestaron coa paralización
do gasto, provedores agardando meses para cobrar... Nesta
situación requírovos que sexades conscientes do difícil que
será levar a efecto as promocións. Non deixedes nas mans da
Xerencia a decisión de como se sacan as convocatorias,
asegurade ao máximo que as convocatorias compren coa
legalidade.
Queixa
Levades
moito tempo estudando os temarios das partes específicas.
Tan difícil é que unha vez establecido o que parece será o
máximo se recorte, se é o caso, e se nos proporcione para
poder comezar a preparación dunha oposición onde, desde o
comezo xa comprendemos que non se nos vai regalar nada?.
Quedaría moi agradecida se tamén nos proporcionades un
calendario, aínda que sexa aproximado, de cando se
realizarán as probas para que poidamos preparalas. Saúdos.
Confirmación
Tedes
razón, tamén consultei na central sindical na
que estou afiliada a cuestión da reserva dos
aprobados de convocatorias anteriores e
coincidiu co que sinalades. Se eu o puiden
facer, unha afiliada, as persoas que están nas
Xuntas de Persoal representando directamente ao
sindicato deberían asegurarse, antes de tomar
posición, da legalidade do que se poida
establecer e non deixalo nas mans da empresa,
neste caso da universidade.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript