Abril de 2016
 
 

NÚMERO 310 - 11/04/2016

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALIZA
 

A Xunta de Persoal da Xunta reclama a devolución da parte devindicada da extra de 2013

Tal e como fixemos desde a APA no último Claustro Universitario realizado o pasado 30 de marzo, a Xunta de Persoal funcionario dos Servizos Centrais da Xunta ven de reclamar o pagamento da parte devindicada da extra do ano 2013 embargada pola Xunta de Galiza a todos os seus traballadores e traballadoras.<

 

  • Noticias relacionadas

 

A reclamación realizada polas nosas compañeiras da Xunta ten como fundamento as sentenzas do Tribunal Supremo que confirma o pagamento para o persoal laboral así como as sentenzas recaídas sobre as reclamacións realizadas por varias funcionarias e funcionarios, que foron en todos os casos favorables para os intereses das persoas que reclamaron, recaendo na propia administración o pago das costas que, neste caso, alcanzan até os 400€ por demanda.
 
Considérase, desde a representación das funcionarias e funcionarios que a Xunta de Galiza “está embarcada nunha espiral de recursos co obxecto de atrasar todo o posible o inevitable e sen máis expectativas que gastar os cartos da cidadanía en reclamacións estériles xudicialmente”.
 
Entende un sen sentido  “gastar recursos públicos, tanto económicos como humanos, en pleitear contra os seus propios administrados e administradas cando o que se pretende é agochar a ineficacia política que supuxo aprobar os orzamentos, e por ende o recorte que supuxo o específico nas extras, no ano 2013”.
 
Esixen á Xunta de Galicia, e especialmente á consellaría de Facenda, que, co obxectivo de paralizar dunha vez esta dinámica xudicial, realice, de inmediato, o reintegro da parte devindicada das pagas extras do ano 2013.
 
Poñémonos a disposición das compañeiras e compañeiros da administración autonómica, como fixemos cando se nos incautou a extra de decembro de 2012, para tomar as medidas reivindicativas que se consideren oportunas coa finalidade de acelerar a devolución da parte devindicada do ano 2013, así como do diñeiro que a Xunta de Galiza nos rouba ano tras ano.
 
A noticia na Voz de Galicia

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript