NÚMERO 310 - 11/04/2016
CUTUDC / Novidades
O 16 de abril imos parar o tempo para seguir movéndonos, e farémolo mediante unha paréntese á que chamamos Conferencia Nacional, cuxo verdadeiro motor vai ser a participación de toda a afiliación.
A dirección do
sindicato considera que chegou o momento de iniciar
un proceso de reflexión, que comeza nesta
Conferencia, na que teremos que cuestionarnos como
intervir na sociedade. É o momento de falar con
sinceridade e poñer en debate o que se fai mal,
para mudalo, e o que facemos ben para melloralo.
Non se trata romper senón de adaptar o sindicato ao
século XXI (no discurso e na acción sindical) e
para iso debemos potenciar aqueles valores útiles
do sindicalismo clásico e adaptarnos á nova
realidade da clase traballadora que está máis ala
do corsé do sindicalismo clásico, que entronca cos
movementos sociais.
En Compostela, o 16 de
abril, paremos o tempo para seguir construíndo o
movemento sindical alternativo e de clase.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript