Abril de 2016
 
 

NÚMERO 310 - 11/04/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Manter a nota de exercicios anteriores nos procesos de promoción

A Xunta de Persoal por decisión maioritaria adoptou a posición de non ter en conta notas de convocatorias anteriores. Os posicionamentos son diferentes, van desde a oposición frontal a esa posibilidade (CSIF, CCOO e UGT), os que opinan que si que se debe ter en conta “sempre que for legal” (CIG) e os que mantemos unha posición mixta (APA), consistente en manter a nota nos procesos non competitivos e non mantela nos que son competitivos (máis posibles aspirantes que prazas). Nesta discusión entrou agora, tamén, a Xerencia que sinalou na reunión do pasado mércores, día 6, que introducira esa circunstancia na convocatoria a petición de varias traballadoras e traballadores e porque na Xunta contemplaban esa posibilidade.

 

  • Noticias relacionadas

 

Compre, polo tanto, revisar que sinalan desde a Xunta de Galiza a este respecto.
 
No DOG do luns, día 7 de marzo de 2016 publícase o DECRETO 19/2016, do 25 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016
 
No artigo 4. Promoción interna independente establece:
 
“7. As convocatorias de procesos selectivos de promoción interna independentes das de ingreso para persoal funcionario, poderán establecer a conservación da nota dos exercicios, sempre que a dita nota sexa igual ou superior ao 60 % da cualificación máxima. A validez desta medida será aplicable á convocatoria inmediata seguinte, sempre e cando esta sexa análoga no contido e na forma de cualificación.”
 
Os condicionantes establecidos na comunidade autónoma para a conservación da nota dun exercicio anterior confirman, punto por punto, o criterio manifestado pola nosa asesoría xurídica.
 
Como manifestamos nas asembleas realizadas e nos escritos que remitimos consideramos que temos que dar ás promocións que se convoquen o máximo respaldo legal. O feito de que as promocións se asinasen en plena campaña electoral e que a situación económica da universidade estea ao límite da súa capacidade de gasto, fainos temer que poida haber algún interese en que, agora, non se leven a efecto ou se queiran retrasar, non estamos dispos@s, como xa manifestamos, en poñerlle en bandexa á universidade esa posibilidade.
 
Para evitar que situacións como a que se está a producir agora se repitan convocatoria tras convocatoria reivindicamos, tamén, a negociación coa xerencia dunhas bases estables par as convocatorias de promocións.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript