Número 310- 11 de abril de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

Manter a nota de exercicios anteriores nos procesos de promoción

A Xunta de Persoal por decisión maioritaria adoptou a posición de non ter en conta notas de convocatorias anteriores. Os posicionamentos son diferentes, van desde a oposición frontal a esa posibilidade (CSIF, CCOO e UGT), os que opinan que si que se debe ter en conta “sempre que for legal” (CIG) e os que mantemos unha posición mixta (APA), consistente en manter a nota nos procesos non competitivos e non mantela nos que son competitivos (máis posibles aspirantes que prazas). Nesta discusión entrou agora, tamén, a Xerencia que sinalou na reunión do pasado mércores, día 6, que introducira esa circunstancia na convocatoria a petición de varias traballadoras e traballadores e porque na Xunta contemplaban esa posibilidade.

 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 XUNTA DE GALIZA
    Tal e como fixemos desde a APA no último Claustro Universitario realizado o pasado 30 de marzo, a Xunta de Persoal funcionario dos Servizos Centrais da Xunta ven de reclamar o pagamento da parte devindicada da extra do ano 2013 embargada pola Xunta de Galiza a todos os seus traballadores e traballadoras.
1 DE MAIO

    O Secretariado Nacional da CUT abordou esta semana as alianzas cara ao primeiro de maio, coa expectativa posta nunha mobilización popular contra os mandatos do Capital que están a traducirse en auténticos dramas humanitarios co peche sistemático de fronteiras e a devolución de inmigrantes e refuxiadas, xa sexa nos visíbeis campos de concentración improvisados por toda Europa, ou coa devolución de traballadoras e traballadores doutros países que arriscan a vida para chegar a esta fraude de soño chamado Unión Europea, cunha profusa persecución e represión das traballadoras e traballadores estranxeiras.

REGANOXO

    O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, reunido no día de hoxe para facer unha valoración da recente Sentencia do Tribunal Supremo sobre Reganosa, acordou emitir o Comunicado que engadimos. Asemade acordou a celebración dunha Roda de Prensa, coa participación de Dona Patricia Gabeiras, Avogada do CCE, para analizar con detalle a situación actual e comunicar a posición do Comité tras esta Sentencia. A Roda de Prensa está convocada para o mércores, 13 de abril, ás 18 hs, no salón do Ateneo Ferrolán.

 NUIT DEBOUT
    O 31 de Marzo, despois dunha manifestación sindical contra a Lei Laboral de Hollande, no medio do frío e a choiva produciuse un intento de acampada ao estilo 15M en Paris . Foi desaloxada polos policía. Os mozos que acamparon seguirán tentándoo. A tentativa de emular a experiencia española foi silenciada pola prensa do sistema.
 MOVEMENTOS #refuxiad@s
    O 30 de marzo conmemorouse o Día da Terra Palestina. Ese día, pero en 1976, a sociedade palestina convocou unha folga xeral en protesta polo continuo espolio das súas terras por parte do sionismo israelí. O exército asasinou a sete moz@s palestin@s con cidadanía “israelí” nas manifestacións que acompañaron esa folga.
 INTERNACIONAL. LOITA OBREIRA
    Grecia viviu este xoves unha nova xornada de folga xeral. O paro foi convocado cun chamamento ao pobo heleno para protestar contra o novo paquete de medidas que atenta contra os intereses da clase traballadora. Os sindicatos concentráronse ás 11 da mañá nunha praza céntrica de Atenas para, posteriormente, percorrer as rúas do centro en forma de protesta.
15M

    Acababa de estrearse a primavera de 2011, o Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero daba as súas últimas rabexadas cun dirixente practicamente en retirada e España soportaba case tres anos de crise económica ás súas costas. O 7 de abril daquel ano unhas 3.000 persoas, na súa maioría moz@s, percorreron o centro de Madrid como primeira toma de conciencia da “precariedade” que ameazaba con roubarlles o futuro: “Sen casa, sen curro, sen pensión, sen medo”, líase nas pancartas da protésta precursora do 15-M, que estalaría un mes máis tarde.

• OPINIÓN - ECONOMISTAS SEN FRONTEIRAS

    O déficit público en 2015 non foi do 4,5% como informou o goberno hai 4 meses, senón do 5,2%. Un 0,7% sobre un PIB que alcanza 1,08 billóns de euros: 7,6 mil millóns de euros. España pactou chegar en 2016 a un déficit público do 2,8%, case a metade do actual.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    O vindeiro xoves, día 14, despois de varios retrasos motivados polas negociacións entre a UDC e a Xunta de Galicia para a concreción de aspectos do Plan de Financiamento nos que había diverxencias, parece que se realizará a reunión do Consello de Goberno que terá como eixo principal a aprobación do orzamento no que se teñen que reflectir as promocións, a partida destinada a acción social, formación... Ao peche do PASquín non temos información, nin da orde do día, nin do desenvolvemento dos temas que se van tratar, cando se nos transmita enviarémosvola para coñecemento xeral.
 UNIVERSIDADES GALEGAS
    “Erguer. Estudantes da Galiza” convoca para este 13 de abril unha mobilización xeral de estudantes, tanto no ensino medio como na universidade, por “un ensino público de calidade” e para rexeitando os “ataques constantes” da LOMCE e do novo decreto 3+2, estratexia universitaria 2020.
 ADMINISTRACIÓNS PARALELAS
    Limos estes días algunha información sobre a existencia de administracións paralelas, que son pedra de escándalo en autonomías tan importantes como a andaluza. Fálase da existencia alí de 18 axencias públicas empresariais, 3 axencias de réxime especial, máis 72 entes encargados de distinto tipo de servizos. E ao parecer non é todo porque os sindicatos cifran en case 200 as empresas creadas só para prover servizos á Xunta de Andalucía.
 CUT
    O 16 de abril imos parar o tempo para seguir movéndonos, e farémolo mediante unha paréntese á que chamamos Conferencia Nacional, cuxo verdadeiro motor vai ser a participación de toda a afiliación.
 A GUERRA DO LEITE
    Tres camións dedicados ao transporte de leite arderon na madrugada deste venres no municipio lucense de Outeiro de Rei nunha acción que non foi reivindicada e que incrementa a tensión entre gandeiros e sector lácteo. O conflito volveu rexurdir esta semana polo incumprimento do acordo lácteo por parte dalgunhas empresas, sobre todo Logística Alimentaria.
 RENDA 2015
    A Campaña da Renda 2015 acaba de arrincar e moitos contribuíntes están xa coa tarefa de verificar o borrador que Facenda realiza para facilitarlles a declaración. Con todo, é conveniente dedicarlle polo menos unha hora antes de validalo pois, segundo as estimacións dos Técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha), un de cada tres pode conter erros, omisións e imprecisións que impidan beneficiarse das reducións e deducións fiscais estipuladas por lei.
 MEDIOS DE COMUNICACIÓN INDEPENDENTES
    O compañeiro Axier López, xornalista da revista Argia, foi condenado ao pago dunha multa de 601 euros pola Lei de Seguridade Cidadá (máis coñecida como Lei Mordaza) por publicar na súa conta persoal imaxes da actuación policial que, o pasado 9 de marzo en Eibar terminou coa detención da moza Naroa Ariznabarreta.
 LOITA SOCIAL INTERNACIONAL
    O ministro de Interior de Colombia, Juan Fernando Cristo, confirmou que no que vai de 2016 foron asasinados 12 líderes sociais. O ministro confirmou este mércores que cada semana asasinan a un dirixente social en Colombia, o que supón un ambiente inestable para a firma do acordo final de paz na Habana.
 LINGUA - Cibrán Arxibai
    O 20 de maio do 1936, o xornal El Compostelano publicaba varias noticias sobre o Seminario de Estudos Galegos. Entre todas elas destacaba unha pola súa significación para a normalización da nosa lingua. Tratábase da presentación ante o Seminario dun libro de iniciación á astronomía titulado "Astronomía a ollo ceibe", o primeiro texto de divulgación científica en galego.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        A UNIÓN EUROPEA, EN GUERRA CONTRA @S REFUXIAD@S, SUBCONTRATA A CLOACA TURCA PARA AS DEPORTACIÓNS EN MASA

         
          OS PAPEIS DE PANAMÁ

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript