NÚMERO 310 - 11/04/2016
CUTUDC / Novidades
Tres camións dedicados ao transporte de leite arderon na madrugada deste venres no municipio lucense de Outeiro de Rei nunha acción que non foi reivindicada e que incrementa a tensión entre gandeiros e sector lácteo. O conflito volveu rexurdir esta semana polo incumprimento do acordo lácteo por parte dalgunhas empresas, sobre todo Logística Alimentaria.
Os tres que
resultaron calcinados en Outeiro de Rei eran
propiedade da empresa Ríos Sangiao, especializada
no traslado de alimentos líquidos e traballaban de
forma habitual para Logística Alimentaria. Os
vehículos estaban estacionados nunha parcela que é
propiedade da fábrica -antiga planta de envasado de
Pascual e de Alimentos Lácteos-.
Precisamente, esta empresa foi sinalada pola
Plataforma en Defensa do Sector Lácteo esta
mesma semana, cando se concentraron ás súas portas
decenas de gandeiros e varios tractores. Os
gandeiros decidiron "identificar" a esta industria
para denunciar que é unha das empresas que está "a
importar leite de fóra" e "incumpre" os contratos
cos seus propios provedores.
A este incidente referiuse o portavoz do sindicato
Unións Agrarias (UU.AA) na Plataforma en
Defensa do Sector Lácteo, Óscar Pouse, que
desvinculou á súa organización do suceso. Con todo,
recoñeceu que pode ser consecuencia da "dramática"
situación que están a vivir algunhas explotacións.
“Esperemos que a Administración tome nota do
sucedido, porque a xente desesperada, realiza
accións desesperadas, e as organizacións sindicais
levan moito tempo dicindo que a actual situación do
sector lácteo galego é insustentable”, suliñou.
Nos últimos días, a Plataforma en Defensa do Sector
Lácteo está a desenvolver unha campaña "clara"
de denuncia da importación de leite foráneo,
mediante o seguimento dos camións que entran en
Galicia para abastecer ás industrias asentadas na
Comunidade Autónoma.
Galicia Confidencial
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript