NÚMERO 310 - 11/04/2016
CUTUDC / Novidades
Grecia viviu este xoves unha nova xornada de folga xeral. O paro foi convocado cun chamamento ao pobo heleno para protestar contra o novo paquete de medidas que atenta contra os intereses da clase traballadora. Os sindicatos concentráronse ás 11 da mañá nunha praza céntrica de Atenas para, posteriormente, percorrer as rúas do centro en forma de protesta.<
Ao paro
sumáronse os controladores aéreos, que anunciaron
días antes a súa participación, cesando as súas
funcións e os voos con orixe ou destino en Grecia
durante 24 horas desde a medianoite do mércores. A
eles tamén se uniron os xornalistas, médicos e
profesores. os traballadores de hospitais públicos
tamén se concentraron fronte ao Ministerio de
Sanidade.
As folgas en Grecia van sumando maior participación
e apoio popular. Durante as manifestacións
puidéronse ver e escoitar berros e pancartas contra
a imposición de medidas neoliberais, contra o
Goberno de Alexis Tsipras e contra a Comisión
Europea, o Banco Central Europeo e o Fondo
Monetario Internacional.
LibreRed
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript