Abril de 2016
 
 

NÚMERO 310 - 11/04/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADES GALEGAS
 

13 de abril, folga de estudantes. Manifestacións e concentracións

“Erguer. Estudantes da Galiza” convoca para este 13 de abril unha mobilización xeral de estudantes, tanto no ensino medio como na universidade, por “un ensino público de calidade” e para rexeitando os “ataques constantes” da LOMCE e do novo decreto 3+2, estratexia universitaria 2020.

 

  • Noticias relacionadas

 

Este colectivo estudantil, que naceu este 2016 a través dun proceso de asembleas abertas e coa integración de varias organizacións, denuncia a “privatización” do ensino que, segundo di, está facendo o goberno do PP, especialmente, a través da LOMCE, “unha lei españolizadora, confesional, antipedagóxica, privatizadora, clasista e patriarcal que afonda na falla de igualdade de oportunidades no ensino”.
 
Destaca que a nova normativa servirá para estabelecer unha clasificación dos centros en base á cal se repartirán os orzamentos, “non garantindo unha dotación de servizos digna e igualitária” e que afonda na recentralización de competencias educativas e na uniformización do ensino.
 
Neste sentido, tamén critican o novo  Decreto do 3+2 de universidade, aprobado polo Partido Popular no pasado ano. Este Decreto, enmarcado na chamada Estratexia Universitaria 2020, procura, segundo Erguer, “a mercantilización do ensino público, co obxectivo de converter as universidades nun criadeiro para as empresas capitalistas”.
 
“Coa implantación desta medida, son menosprezados todos aqueles graos que non cumpren coas expectativas de produtividade dun sistema que só busca a creación de man de obra barata, no canto de individuos con capacidade crítica”, engade. Por isso, denuncia que os recortes abocan o ensino público galego a “unha extrema precarización e a un retroceso na calidade da mesma, remontándonos a medidas franquistas como as reválidas que instaura a LOMCE”.
 
Por iso, esta organización chama a manifestacións estudantis nas principais cidades galegas que terán lugar o vindeiro 13 de abril ás 12.00 horas
 
Galicia Confidencial
 
LEMBRA: todas as mobilizacións serán ás 12h, agás aquelas que estean sinalada outra hora.
 
Súmate ás manifestacións!
 
A CORUÑA - Praza de Vigo
COMPOSTELA – Alameda
FERROL - Edificio da Xunta
LUGO - Praza do Seminario
PONTEVEDRA - Praza da Peregrina
OURENSE - Subdelegación de Goberno
MELIDE - IES de Melide
[cambio de localización] VIGO - Praza América
 
E ás concentracións!
 
CALDAS DE REIS – Carballeira
CANGAS DO MORRAZO – Concello
[ás 11h!] MOAÑA – Concello
PONTEAREAS - diante dos institutos (r/ Feliciano Barrera)
VILAGARCÍA DE AROUSA - Praza de Galiza
RIBADEO - diante do IES de Ribadeo
CASTRO DE REI - diante do Instituto Xosé Trapero
RIBEIRA - estación de autobuses
[ás 20h!] O CARBALLIÑO - Praza Maior
O BARCO - IES Martaguisela

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript