NÚMERO 310 - 11/04/2016
CUTUDC / Novidades
No DOG do día 4 de abril publícase o ANUNCIO do 28 de marzo de 2016 polo que se lle dá publicidade ao procedemento para aplicar o disposto na disposición adicional décimo cuarta da Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, pola que se aproba unha retribución de carácter extraordinario en concepto de recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012 aos empregados do sector público autonómico de Galicia do que xa vos informamos no PASquín anterior ao adiantarnos a nova as compañeiras e compañeiros da administración autonómica.
O ANUNCIO, agora xa
oficial, confirma o que vos adiantamos no seu día
ao establecer que:
A dita recuperación realizarase en dúas partes:
– No mes de abril aboarase o 25,14 %, que se
corresponde coa parte proporcional correspondente a
46 días da paga extraordinaria, paga adicional do
complemento específico ou pagas adicionais do mes
de decembro de 2012. Naqueles casos nos que non
procedese o recoñecemento da totalidade da paga
extraordinaria e adicional, os referidos 46 días
reduciranse proporcionalmente ao cómputo de días
que correspondesen.
– No mes de setembro aboarase a parte restante da
paga extraordinaria, paga adicional do complemento
específico ou pagas adicionais do mes de decembro
de 2012 non recuperadas nos pagamentos anteriores.
Os importes correspondentes aos empregados públicos
que sigan en activo serán aboados de oficio pola
consellería, organismo autónomo ou entidade a
través da cal perciba as súas retribucións no mes
de abril e setembro de 2016, respectivamente, e os
correspondentes aos empregados públicos que non se
encontren en activo con anterioridade ao primeiro
día dos mencionados meses de abril e setembro de
2016 serán aboadas polo órgano ao cal lle
correspondese satisfacer as pagas suprimidas.
ANUNCIO da Consellería de Facenda
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript