NÚMERO 310 - 11/04/2016
CUTUDC / Novidades
O 30 de marzo conmemorouse o Día da Terra Palestina. Ese día, pero en 1976, a sociedade palestina convocou unha folga xeral en protesta polo continuo espolio das súas terras por parte do sionismo israelí. O exército asasinou a sete moz@s palestin@s con cidadanía “israelí” nas manifestacións que acompañaron esa folga.<
Desde entón, o
30 de marzo converteuse nunha xornada de
reivindicación dos dereitos lexítimos do pobo
palestino. 40 anos despois, a colonización de
Palestina continúa. Día tras día, o Estado de
Israel rouba terras, expulsa delas aos seus
lexítimos habitantes, constrúe asentamentos e
transfire alí a colonos sionistas estranxeiros
colleitados de todos os recunchos do mundo. Estas
prácticas contraveñen a lexislación internacional e
os Dereitos Humanos e foron condenadas por Nacións
Unidas e pola gran maioría de gobernos do mundo,
incluídos os da Unión Europea e Estados Unidos.
A guerra, os masacres, fuxir co posto, buscar
refuxio, ser rexeitado, os parias. Historias
recentes e vellas. Non, os refuxiados non son unha
especie nova descuberta polos telexornais na guerra
de Siria. As políticas da “repartición do pastel”
levan séculos creándoos, mentres nos repiten, e
repetímonos, que todos somos iguais e que nacemos
con dereitos polo simple feito de ser persoas.
O problema, como sempre, é que algunhas persoas son
máis iguais que outras. Que, nisto do refuxio,
tamén conta o que che soe a bolsa. Que na escala de
“humanos” os refuxiados non dan a talla. Por iso a
UE pode cambialos como cromos con Turquía.
Agora que todos queren falar de refuxiados, nós e
nós dicimos “de acordo, falemos”. En 1948, un
exército sionista nutrido, entre outros, de
europeos e estadounidenses, masacrou aos palestinos
e expulsounos dos seus fogares facendo cumprir unha
resolución da ONU. Hoxe, máis de 6 millóns deses
humanos, que non son tan humanos como (nos)outros,
seguen no limbo da diáspora. Refuxiados en
incontables recunchos do mundo. Si, tamén en Siria.
Sabías que moitos deses que as noticias chaman
“refuxiados sirios” son palestinos de Siria? Sabías
que agora volven ser expulsados e refuxiados?
Resulta que si, que moitos dos que agora nos
decatamos que son refuxiados levan séndoo máis de
60 anos. Como non son tan humanos, nin tan iguais,
nin tan persoas como un europeo de ben, ou un
americano de pro, pódeselles ignorar. A condición
de que non sexan útiles para botarllos en cara a un
que non sexa dos “nosos” e de paso, derrocalo. Pola
contra serven para unha recollida de fondos, unha
resolución de condena ocasional e para pouco máis.
Desde o Foro Palestina Libre, o próximo día 8 de
abril celebrarán o Día da Terra para non esquecer a
eses millóns de persoas que desde Siria, Gaza,
Arxentina ou Zaragoza esperan ansiosas poder
retornar aos seus fogares en Palestina. Solución
política? Non, as leis din que todo refuxiado ten
dereito a retornar… Pero para que se aplicase a
lei, teriamos que ser persoas. As non-persoas só
conseguen dereitos dunha forma: pelexando.
ARAINFO REDACCIÓN
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript