NÚMERO 310- 11/04/2016
CUTUDC / Novidades
Máis colaboracións.
Promocións, propostas
Segundo
sinalastes no PASquín anterior, un dos sindicatos opta por
dicir que si á conservación da nota de probas anteriores
deixando a responsabilidade da decisión no asesoramento da
universidade. Isto paréceme de todo punto improcedente, non
teñen asesoría xurídica propia?. Fágome unha pregunta. E se
á universidade lle interesara que non seguisen adiante as
promocións?. Con esta alternativa pónselle moi fácil o
procedemento, non ten máis que seguir coas convocatorias tal
e como está contemplado na proposta e xa se encargarían os
xulgados de paralizalas. Reitero que me parece improcedente,
incluso raro que ese sindicato non pida asesoramento da súa
asesoría antes de tomar a posición nas reunións coa
Xerencia.
Innecesario
Son
unha das persoas que aprobou sen praza na convocatoria
anterior a C1, entendo que cando haxa competencia polas
prazas non se conserve o aprobado pero, no caso como o noso
no que non prexudicamos a ninguén, facernos pasar outra vez
pola proba paréceme inhumano porque, á súa vez, é
innecesario.
Rectificación
Agradezo que alguén cando se equivoca pida
desculpas, errar está ao alcance de calquera, o
asunto é rectificar. No caso que me trae a
escribirvos, o das promocións, aínda houbo
tempo para rectificar, polo tanto o dano
infrinxido pode cicatrizar. O importante, o que
me parece salientable, é que a vosa
“autocrítica” debe ser a primeira que se fai
nesta universidade. Está ben rectificar pero
para outra vez tratade de non caer na
improvisación, non volvades a facer as cousas
do xeito atropelado como se fixo nesta ocasión.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript