Abril de 2016
 
 

NÚMERO 310 - 11/04/2016

   CUTUDC / Novidades

  LOITA SOCIAL INTERNACIONAL
 

Cada semana matan a un líder social en Colombia

O ministro de Interior de Colombia, Juan Fernando Cristo, confirmou que no que vai de 2016 foron asasinados 12 líderes sociais. O ministro confirmou este mércores que cada semana asasinan a un dirixente social en Colombia, o que supón un ambiente inestable para a firma do acordo final de paz na Habana.<

 

  • Noticias relacionadas

 

Cristo asegurou que a maioría deses asasinatos foron cometidos por bandas criminais que temen ser exterminadas unha vez se asíne a tan esperada paz que demandan os colombianos desde hai máis de 50 anos.
 
Anunciou que se creará unha comisión con representante do ministerio de Defensa, Policía Nacional, Unidade Nacional de Protección, Defensoría do Pobo, Alta Consellería para os dereitos humanos e a Fiscalía a fin de evitar que sigan asasinando a líderes sociais no país.
 
“Desde fai tres semanas andamos en contacto con dirixentes de dereitos humanos, da Marcha Patriótica, da Unión Patriótica, o Cume Agrario e estámoslles pedindo que conformen un equipo con cinco representantes das organizacións sociais para establecer medidas”, comentou Cristo.
 
Recoñeceu que a situación é preocupante pero que depende de todos os colombianos saír da violencia que tanto dano causou á nación suramericana.
 
Afirmou que non haberá impunidade en ningún dos crimes que se cometeron contra campesiños e líderes sociais. “Imos atopar os responsables co compromiso da Fiscalía e a Policía”, dixo.
 
Logo de postergarse o acordo final para a paz, o xefe do equipo negociador das Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia – Exército do Pobo (FARC-EP), Iván Márquez, responsabilizou ao ministro de Defensa Luís Carlos Villegas por querer entorpecer os Diálogos de Paz na Habana.
 
El Espectador | Telesur

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript