Abril de 2016
 
 

NÚMERO 310 - 11/04/2016

   CUTUDC / Novidades

  MEDIOS DE COMUNICACIÓN INDEPENDENTES
 

Quérennos calados, pero terannos en fronte

O compañeiro Axier López, xornalista da revista Argia, foi condenado ao pago dunha multa de 601 euros pola Lei de Seguridade Cidadá (máis coñecida como Lei Mordaza) por publicar na súa conta persoal imaxes da actuación policial que, o pasado 9 de marzo en Eibar terminou coa detención da moza Naroa Ariznabarreta.<

 

  • Noticias relacionadas

 

A sentenza establece que “a través de ditas imaxes é posible a identificación dos axentes actuantes, co risco que para os funcionarios pode derivar da súa identificación pública.”
 
Como se pode apreciar nas fotos subidas polo compañeiro á súa conta persoal, a identificación dos axentes é bastante difícil, tendo en conta que aparecen de costas. A pesar do absurdo da acusación, cabe destacar que o obxectivo destas denuncias non é, en ningún caso, salvagardar a identidade dos axentes “por seguridade”. O obxectivo é que ningún medio de comunicación dea unha versión distinta á oficial, que non se difundan imaxes de actuacións policiais onde pode haber abusos para que, desta maneira, os axentes de policía poidan seguir actuando nunha total impunidade, e ninguén poida denunciar os seus abusos

Desde a súa entrada en vigor o pasado 1 de xullo, a lei mordaza, e o novo código penal e o pacto antiterrorista, están a usarse como armas en mans do poder para acalar as protestas sociais e ademais para atacar ao xornalismo independente que nos conta o que o poder non quere que saibamos. Non é ningún segredo que un dos obxectivos destas novas lexislacións é acalar, controlar e silenciar calquera información crítica co réxime, e por conseguinte os medios de comunicación independentes e os seus traballadores/as estamos no punto de mira desta mordaza legal.
 
Nestes meses puidemos ver como se usou esta nova lexislación contra distintos medios alternativos, así puidemos ver como a delegada do goberno de Nafarroa, Carmen Alba, ameazaba ao portal Ahotsa.info con multas por publicar tamén fotos dunha actuación policial. Chamouse a varios xornalistas para declarar, como no caso de Jesús Rodríguez, da Directa, acusados de participar en mobilizacións que estaban a cubrir. Seguíronse sucedendo os xuízos contra xornalistas independentes, como Raúl Capín ou Iker Oiz. A multa contra Axier López e Argia é un paso máis neste camiño ao control total da información por parte do goberno.
 
Os medios de comunicación asinantes trasladamos a nosa solidariedade e apoio ao compañeiro Axier López e ao seu medio Argia, á vez que denunciamos unha vez máis estas novas lexislacións como un instrumento antidemocrático e ditatorial para controlar a información e acalar calquera información non controlada polo poder.
 
Quérennos calados, pero terannos en fronte. ¡¡Ningunha mordaza calará ao xornalismo independente!!
 
Medios asinantes:
 
Ahotsa
Canarias Semanal
Crónica Popular
Ekinklik
Espineta Amb Caragolins
Galiza Contrainfo
Insurxente
Esquerda Diario
Kaosenlared
La Haine
Mundo Obrero
Sare Antifaxista
Tele K

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript