NÚMERO 310 - 11/04/2016
CUTUDC / Novidades
O Secretariado Nacional da CUT abordou esta semana as alianzas cara ao primeiro de maio, coa expectativa posta nunha mobilización popular contra os mandatos do Capital que están a traducirse en auténticos dramas humanitarios co peche sistemático de fronteiras e a devolución de inmigrantes e refuxiadas, xa sexa nos visíbeis campos de concentración improvisados por toda Europa, ou coa devolución de traballadoras e traballadores doutros países que arriscan a vida para chegar a esta fraude de soño chamado Unión Europea, cunha profusa persecución e represión das traballadoras e traballadores estranxeiras.
Baixo a lenda "Contra a
Europa do Capital unidade obreira e popular", na
diferentes comarcas son tamén diferentes as
iniciativas e permanece aberto un diálogo con
diferentes entidades sociais e sindicais para facer
un primeiro de maio de todas e todos, no que caiban
todas as voces, e no que o protagonismo sexa das
traballadoras e traballadores que no día a día dan
a cara polos seus dereitos e contra a explotación
laboral, chantadas na súa realidade laboral pero
cunha óptica xenerosamente internacionalista.
Nesta xuntanza insistiuse na necesidade de camiñar
dende o ciclo de mobilizacións que está a se
iniciar á convocatoria que o vindeiro 28 de maio,
ao berro de Pan, Traballo e Teito chama a construír
na cidade de Lugo unha muralla de diginidade
popular.
Noutra orde de cousas, deuse conta tanto da
xuntanza celebrada en Zaragoza polas Marchas da
Dignidade, así como da visita que nesta semana
realizará a Galiza Ainhoa Etxaide, secretaria xeral
do sindicato irmá LAB, e o convite recibido pola
CSI Asturies para o seu VII Congreso no que a CUT
estará presente.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript