Maio de 2010
 
 

24/05/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Vista pola denuncia da convocatoria de Auxiliares de Servizos

 

 

O Comité de Empresa presentouse como codemandado para defender, non podía ser doutro xeito, os termos da convocatoria.

 


 

Na publicación da listaxe de admitidos e excluídos aparecía este parágrafo:

 

“Comunicase, asi mesmo, a todas as persoas interesadas que no Xulgado Contencioso-Administrativo núm. 2 da Coruña se tramita o Procemento Abreviado núm. 396/2009-L, interposto por D. David Diaz Vázquez, contra a Resolución reitoral do 28/10/2009 pola que se convocan probas selectivas para a provisión de prazas de persoal laboral na categoría de auxiliares de servizos, pola quenda libre (BOE n° 270 do 9 de novembro).”

 

O Comité de Empresa presentouse como codemandado para defender, non podía ser doutro xeito, os termos da convocatoria.

 

Á causa non se uniu ninguén máis, sendo o único litigante David Díaz Vázquez, representado polo avogado da central sindical UGT.

 

A vista celebrouse o pasado día 19 de maio, nela manifestáronse dúas posturas contrapostas.

En liñas xerais foi unha ringleira de sentenzas, uns invocando unhas e outro invocando outras.

 

Por unha parte o letrado da Universidade e do Comité de Empresa que defenderon a legalidade da convocatoria en base, esencialmente, a:

 

Ø      Correspondencia da convocatoria co establecido no Convenio Colectivo, Convenio que pasou todos os controis de legalidade.

Ø      Que na Transitoria que sustenta as convocatorias reflíctese un interese tanto da Universidade coma da representación dos traballadores de levar a efecto unha consolidación de emprego, aínda que, formalmente, non se indique.

Ø      Que a reclamación que facía o demandante se sustentaba nunha sentenza que establecía que os puntos se levaban da parte de concurso á a parte de oposición cousa que non acontecía.

Ø      Que os puntos podían alcanzarse por aspirantes, fosen da Universidade ou non.

Ø      Que había que aprobar a fase de oposición para acceder á fase de concurso.

Ø      Que a parte de formación podía tela calquera porque non só computaban cursos que realizase a universidade senón, incluso, empresas.

Ø      Que o traballo de auxiliar de servizos non está regrado o que fai que as funcións sexan moi distintas na Universidade e noutras administracións públicas (concellos…) feito que sustenta a opción de que se valore máis a antigüidade na institución posto que iso dota ao traballador/a de experiencia no traballo habitual sustentándose, deste xeito, que se prime esta circunstancia.

 

O avogado do demandante insistiu en que a puntuación da antigüidade era desproporcionada.

 

Quedou visto para sentenza, informarémosvos canto a teñamos.



 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript