24/05/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A progresividade no recorte que se aplicará ao soldo dos traballadores da Administración Pública, a partir do próximo mes de xuño, anunciada o xoves polo Goberno na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, non é real senón virtual e regresiva.
O recorte de retribucións dos
funcionarios públicos só se aplica de forma progresiva ao salario base e a antigüidade, mentres que se reducen de forma lineal os complementos fixos, que son os que diferencian realmente o soldo dos funcionarios. Non obstante, o Goberno non precisou onte que o recorte alcance ao complemento de produtividade, que é precisamente o que perciben en maior proporción os altos funcionarios.
Deste modo, a progresividade anunciada polo Goberno ten un alcance "moito máis limitado", xa que dunha forquita anunciada de entre o 0,56% de recorte para os soldos máis baixos e do 7% para os máis altos, a realidade é que os que menos cobran verán realmente reducido o seu soldo nun 3,25%, mentres que os salarios intermedios serán recortados nun 4,68%, sen contar cos escasos empregados do Grupo E (só 497 efectivos na Administración Xeral do Estado, os que sufrirán un recorte do 0,68%).
QUE NON XOGUEN COS NOSOS, XA MINGUADOS,
DEREITOS ECONÓMICOS E SOCIAIS.
MOBILIZATE!
FOLGA XERAL XA!
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript