O recorte de retribucións dos empregados públicos só se aplica de forma progresiva ao salario base e a antigüidade, mentres que se reducen de forma lineal os complementos fixos, que son os que diferencian realmente o soldo dos funcionarios. Non obstante, o Goberno non precisou,
o xoves, que o recorte alcance ao complemento de produtividade, que é precisamente o que perciben en maior proporción os altos funcionarios.
Se isto ocorre co salario do persoal funcionario, no caso do persoal laboral é, aínda máis discriminatorio, polo que deixan caer os medios de comunicación o desconto establecido é do 5% deixando á negociación colectiva a aplicación da “progresividade”, de non realizarse a dita negociación executaríase o desconto do 5% a todos os grupos e categorías.
Dous días despois de o presidente Feijóo ofrecer á sociedade galega un pacto tramposo consistente en respectarmos o artigo 5 do Estatuto de Autonomía, coma xa ProLingua denunciou nun anterior comunicado; dous días despois da masiva e ilusionada manifestación en defensa da lingua que tivo lugar en Compostela; dous días despois de o goberno amosar a súa agresividade por boca do vicepresidente Alfonso Rueda («los manifestantes salen a la calle para clamar por una dictadura que se basaba en que los políticos decidiesen en que lengua se tenían que expresar los ciudadanos»); dous días despois de todo isto, consúmase a agresión teimosamente preparada contra a lingua galega no ámbito educativo.
O Comité de Empresa presentouse como codemandado para defender, non podía ser doutro xeito, os termos da convocatoria.
Á causa non se uniu ninguén máis, sendo o único litigante David Díaz Vázquez, representado polo avogado da central sindical UGT.
As medidas propostas polo Goberno Español vén a confirmar do lado de quen están os políticos que nos gobernan. Ao lado dos mais poderosos.
Analizáronse as medidas de graves recortes ao conxunto da clase traballadora. O señor Zp, e demais goberno, quitaron a careta e abandonaron ese discurso de socialismo descafeinado co que pretendían enganar á clase traballadora.
A CUT solidarízase e apoia e participará activamente na loita dos traballadores da limpeza da Empresa CESPA no Concello da Coruña, e a folga indefinida convocada para o vindeiro 25 de Maio.
As caixas que máis elevaron o crédito aos seus xestores durante o ano pasado --o máis duro da recesión-- foron Caixa Galicia e Caixa de Aforros do Mediterráneo, que os incrementaron un 694% e un 575%, respectivamente, en comparación co exercicio anterior, segundo informou a Comisión Nacional do Mercado de Valores.
Os políticos téñenlle máis medo ao FMI ca tí, móstralles o teu poder. Todos/as á FOLGA XERAL!
Por que os recortes para enxugar o déficit teñen que afectar só aos traballadores, autognomos ou pemes, mentres se manteñen intactos os privilexios dos grandes bancos e monopolios?.

Últimas convocatorias de prazas nas Universidades da Coruña, Santiago e de Vigo.
Esperamos que as cousas se fagan con seriedade, a negociación non se pode converter nun show.
Se nunha semana se poden preparar 21 convocatorias:
* Porqué se nos fixo agardar todo este tempo?
* Si se tiñan preparadas. Porqué non se nos pasaron antes?
A CUT sairá á rúa o 27 de maio en Vigo para reclamar a convocatoria dunha FOLGA XERAL NACIONAL. A situación na que nos vemos hoxe en día inmersos obedece á falta dunha resposta obreira que vimos demandando dende o ano 2008. O capital ditamina cales deben ser as medidas económicas que os gobernos teñen que adoptar e estes obedecen sen máis a aqueles que precisamente nos levaron a este desastre.
A CEOE propón un sistema de despedimento por faltar ao traballo catro días ao mes
Os 420 euros que reciben as persoas que esgotaron a prestación de desemprego, é moi probable que se eliminen. Así, polo menos, deixárono caer varios membros do goberno. O recorte continúa e os máis humildes son os grandes prexudicados.
Educación discriminar os centros públicos da comarca da Coruña contra os privados concertados á hora de adxudicar o Proxecto Abalar, é un "burdo intento" de "camuflar" o aumento de recursos a estes centros.
Día 06/05/2010 na reunión coa Xerencia, o Comité fíxolle saber que agarda a última proposta para trasladarlla ás/aos traballadoras/es para a súa valoración.
A RPT non estará rematada no primeiro trimestre de 2010.
CONVOCATORIAS:
Convocatoria de Telefonistas (NOVIDADE)
Convocatoria de Técnicos Especialistas en Informática
Correción de erros na convocatoria de Aux. de Servizo
Correción de erros na convocatoria de Conserxes
As persoas con nivel de estudos de formación básica (só contan co bacharelato e non teñen estudos superiores) foron os que rexistraron en 2009 a taxa de paro máis alta (22,78%), segundo os datos sobre o "sector estudos " da Enquisa de Poboación Activa (EPA).
Unha de cada dúas persoas no mundo sufrirá algún tipo de alerxia a mediados deste século XXI. A culpa tena o uso "cada vez máis estendido" de alimentos modificados transxenicamente, produtos químicos "potenciadores da madureza de froitas e verduras", o uso xeneralizado de antibióticos en animais e a propia contaminación ambiental das cidades. Pedro Guardia, xefe do Servizo de Alergoloxía do Hospital Universitario Virxe Macarena de Sevilla, alertou de que a medio prazo a maioría destas alerxias serán de tipo alimentario.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript