Primeira análise xurídica do decidido no Consello de Ministros
Nunha primeira valoración xurídica do decidido, o xoves, polo Consello de Ministros, a CUT que estuda recorrer ante os tribunais as resolucións que afectan ás retribucións do persoal ao servizo das Administracións Públicas, Esta estratexia concretarase cando sexa publicado o Real Decreto.(Análise realizada por sindicatos integrados na FSM)
Dende unha perspectiva meramente xurídica esta organización entende que:
O recorte salarial proposto polo Goberno podería colisionar frontalmente coa Constitución Española de 1978, o que levaría consigo a posibilidade de solicitar o auxilio xudicial por violación desta. É a primeira vez que se toma unha medida desta característica no estado español dende a transición e a aprobación do citado texto.
O ataque frontal ás retribucións consolidadas das empregadas e empregados públicos viola dereitos fundamentais susceptibles de amparo constitucional, e, en consecuencia, posibilita a activación dos mecanismos de protección deste. É importante recordar que as retribucións percibidas polas empregadas e os empregados públicos son as básicas e as complementarias, sumando ambas as dúas UN TODO consolidado a través de sucesivas Leis de Presupostos Xerais do Estado.
Por outro lado, esta organización entende que As Leis de Presupostos, en tanto que emanadas das Cortes Xerais Españolas, non poden ser atacadas, corrixidas nin perturbadas polas normas ditadas polo Poder Executivo.
No caso do PERSOAL LABORAL vulnerásese, con estas medidas, ademais, o dereito á negociación colectiva, á par que afectaría aos Convenios Colectivos deste persoal, o que á súa vez afectaría á seguridade xurídica, esencia do noso sistema.
Non existen, ademais, segundo o propio goberno, circunstancias especiais que avalen a oportunidade ou xustifiquen tales excepcionais medidas de recorte, pois que o propio Presidente do Goberno negou sistematicamente a crise financeira no estado español, para deseguido anunciar en máis dunha ducia de ocasións que xa saímos da crise, e todo iso antes do anuncio destas medidas, polo tanto ningunha excepcional conxuntura xustifica estas.
En canto á argumentación esgrimida polo executivo central acerca de que España realiza, co recorte, unha actuación similar á que executaron outros países do seu ámbito, non deixa de ser un moi débil ou nulo argumento xurídico. Segundo os Tratados da Unión Europea continúa sendo unha materia exclusiva de cada Estado membro toda a regulación xudicial, policial e funcionarial, así como a súa estrutura organizativa. Pouco teñen que ver, por exemplo, a Administración Pública Irlandesa e o seu réxime funcionarial co caso español, forzar esta especie de "Dereito Comparado" para xustificar esta medida carece de todo rigor xurídico.
É xuridicamente cuestionable que exista posibilidade de modificar os presupostos xerais, as Leis de Presupostos vixentes, legalmente aprobados polo parlamento estatal, a metade dun exercicio presupostario e moito menos cun instrumento xurídico de menor entidade, como é un Decreto Lei.
Desde a CUT chamamos a participar activamente na folga xeral convocada para o día 8 de xuño. Se permitimos que nos metan a man na carteira e nos leven os cartos, mañá irán máis profundamente no bolso.
QUE NON XOGUEN COS NOSOS, XA MINGUADOS,
DEREITOS ECONÓMICOS E SOCIAIS.
MOBILIZATE!
FOLGA XERAL XA!