NÚMERO 309 - 04/04/2016
CUTUDC / Novidades
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) destinará case 320.000 euros para continuar a externalizar os contidos e o soporte técnico de dúas webs da Xunta; o Portal Galicia Aberta, dependente da Secretaría Xeral de Emigración, que ata agora xestiona o Grupo Voz, e o Portal Eido Local, dependente da Vicepresidencia.
Deste xeito,
continuarán en mans privadas os servizos de
comunicación e información (directorios, foros,
novas ou axenda) e das canles de colaboración da
Xunta coas comunidades galegas no exterior. Tamén,
a relación telemática do Goberno galego cos 315
concellos, as 4 deputuacións e 35 entidades locais.
Segundo o prego de condicións, a empresa
adxudicataria deste concurso terá como obxectivos
principais a dinamización de contidos, o
desenvolvemento evolutivo e o soporte técnico
destas dúas webs. Deste xeito, a Xunta deixará en
mans privadas as tarefas de actualización
continuada dos contidos destes dous portais.
Entre as obrigas do adxudicatario estará unha
proposta proactiva de melloras de deseño,
funcionais e de organización de contidos,
revisión de contidos publicados nos portais “para
garantir unha homoxeneidade de estilo e de
calidade, e aliñamento co establecido nas políticas
web corporativas da Xunta”, a redacción de guías de
recomendación, a colaboración na elaboración de
contidos do portal e na documentación formativa ou
divulgativa e na edición e mantemento dos contidos.
Por outra banda, a empresa gañadora tamén
participará nas tarefas de dinamización de contidos
con áreas de novas, canles de participación,
elaboración de boletíns ou aqueles que xurdan
durante a execución do proxecto. Tamén se encargará
da publicación diaria de contidos para esas canles
e elaborará un plan de dinamización de contidos.
Ademais, o adxudicatario terá que realizar o
deseño, desenvolvemento e instalacións de novas
funcionalidades.
Galicia Confidencial
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript