NÚMERO 309 - 04/04/2016
CUTUDC / Novidades
O salario mínimo (SMI) establecido en España para os traballadores do sector privado e dos contratados da función pública “non garante un nivel de vida digno”, segundo indica o Comité Europeo de Dereitos Sociais do Consello de Europa (ECRS), que avaliou o cumprimento da Carta Social Europea e do seu protocolo adicional. O SMI debería superar os 800 euros mensuais, fronte aos 648,6 euros actuais. O pacto entre PSOE e Cidadáns establece incrementalo unicamente nun 1%.
O Comité
Europeo sostén, na súa análise sobre España, que a
situación non está conforme co recolleito no artigo
4 da Carta de 1961, xa que “o SMI dos traballadores
do sector privado non garante un nivel de vida
digno”, algo que tamén é aplicable para “o persoal
contratado na función pública”.
Segundo o informe do Consello de Europa, España
cumpre nove e incumpre sete dos 16 artigos
avaliados e esíxeselle que ofreza máis información
sobre a limitación das retencións salariais para
poder avalialo.
En España a xornada laboral pode exceder as 60
horas semanais nalgunhas categorías de
traballadores e o Comité Europeo denuncia que non
se estableceron medidas compensatorias para todos
os traballadores expostos ao tratamento de residuos
de risco.
O salario mínimo garantido sitúase en 648,6 euros
mensuais en 2015 e debería superar os 800. En Reino
Unido é de 1.148 euros, e en Francia alcanza os
1.398 euros. O Estatuto dos Traballadores non
garante en España un incremento da remuneración ou
do tempo de libranza polas horas extras, segundo
sinala o informe.
Fonte
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript