Abril de 2016
 
 

NÚMERO 309 - 04/04/2016

   CUTUDC / Novidades

  U-Ránking
 

A mellor universidade, a Pompeu Fabra (Barcelona); a peor, a San Jorge (Zaragoza)

Unha universidade pública non demasiado grande, bastante nova, cunha oferta de títulos moi especializada e cunha política de fichaxe de profesores moi coidada, foi elixida a mellor de España. Trátase da Pompeu Fabra de Barcelona. A peor, por contra, é a San Jorge, a universidade privada de Zaragoza. Así o indica o U-Ránking, a clasificación elaborada polo Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (Ivie) e a Fundación BBVA

 

  • Noticias relacionadas

 

Para a elaboración deste ranking analízase ás universidades segundo tres parámetros: o rendemento docente, o investigador e os resultados de innovación e desenvolvemento tecnolóxico. A lista inclúe 61 universidades, 48 públicas e 13 privadas, de toda España. Nos últimos postos aparecen, ademais da San Jorge, a Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED), a Universidad Oberta de Catalunya, a Universidad de Vic ou a Católica de Valencia. A Universidade da Coruña ocupa o posto 46, a USC o 20 e a UVigo o 36.
 
O estudo sostén que as mellores son as universidades públicas, resaltando as altamente especializadas, como as politécnicas, a Carlos III ou a Pompeu Fabra, e as de grandes áreas metropolitanas, como a Complutense, a Universidade de Barcelona ou a de Valencia.
 
O estudo sinala importantes diferenzas por comunidades e entre os propios campus, e os resultados das mellores universidades triplican os das peores. O traballo apunta que as universidades privadas “ofrecen moi pobres resultados en investigación, situándose en conxunto un 36% por baixo da media”. Cataluña conta coas mellores universidades, seguida por Cantabria e Valencia.
 
Para elaborar esta listaxe analizáronse 25 indicadores: os artigos científicos publicados e a súa relevancia, as teses doutorais defendidas, as taxas de éxito docente, a porcentaxe de profesores por alumno, a cantidade de alumnado estranxeiro ou os programas de intercambio.
 
El Ventano
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript