Número 309- 04 de abril de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

Asembleas realizadas os días 29 e 30 de marzo

Os días 29 e 30 de marzo realizamos asembleas en Ferrol e Coruña respectivamente. Nestas reunións non só expuxemos os asuntos nos que estamos a traballar, tamén cumpriron a finalidade de escoitar o parecer das compañeiras e compañeiros que tiveron a ben asistir.

 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 XUNTA DE GALIZA
    A Intervención Xeral da Xunta ven de ditar instrucións para a devolución do resto da paga extraordinaria de decembro que nos recortou no ano 2012 .incautada no seu momento. A devolución será de oficio, agás para o persoal que non estea en activo no momento da devolución.
XUNTA DE GALIZA

    A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) destinará case 320.000 euros para continuar a externalizar os contidos e o soporte técnico de dúas webs da Xunta; o Portal Galicia Aberta, dependente da Secretaría Xeral de Emigración, que ata agora xestiona o Grupo Voz, e o Portal Eido Local, dependente da Vicepresidencia.

LOITA OBREIRA

    Concluído o prazo para o ingreso voluntario en prisión do sindicalista Andrés Bódalo, militante do SAT (Andalucía), foi detido para cumprir unha condena de 3 anos e medio de prisión, acusado polo Ayuntamiento de Jódar de agresión ao tenente de Alcalde da localidade, no percurso dunha protesta sindical no 2012, e condenado pola Audiencia Provincial de Jaén.

 Asociación Prol Dereitos Humanos de Andalucía (APDHA)
    A Asociación Prol Dereitos Humanos de Andalucía (APDHA) denunciou ante o Comité contra a Tortura da Organización das Nacións Unidas (CAT) o caso dunha muller de Córdoba vítima de malos tratos e lesións durante a súa detención en 2013 por parte de axentes da Policía Nacional.
 15M
    Despois do desaloxo producido na noite do xoves na praza da República de París, centenares de persoas volveron ao mesmo lugar este venres coa intención de iniciar un movemento de protesta inspirado no 15M español, ao que denominan a ‘Nuit debout’ (a noite en pé).
 A GUERRA DO LEITE
    A protesta láctea de hoxe en Santiago, á que asistiron arredor de 300 persoas, abre vías de esperanza para un sector que ata hai semanas estaba marcado pola división e pola frustración. De Santiago non saen solucións en firme, nin se podían esperar, pero si un consenso de todos en apostar pola unidade e por manter unha estratexia de loita sostida no tempo.
CONSELLO DE EUROPA

    O salario mínimo (SMI) establecido en España para os traballadores do sector privado e dos contratados da función pública “non garante un nivel de vida digno”, segundo indica o Comité Europeo de Dereitos Sociais do Consello de Europa (ECRS), que avaliou o cumprimento da Carta Social Europea e do seu protocolo adicional. O SMI debería superar os 800 euros mensuais, fronte aos 648,6 euros actuais. O pacto entre PSOE e Cidadáns establece incrementalo unicamente nun 1%.

• OPINIÓN - Isaac Rosa

    Estivo ben a comparecencia de onte do ministro Montoro, pero botei de menos un pouco de posta en escena, á altura do momento político. Non sei, que antes da súa intervención fixese o mesmo “paseito” fronte ao Congreso que se deron Sánchez e Iglesias o día antes; e que logo se fixese unhas fotos diante do cadro de Genovés ante o que Sánchez e Rivera asinaron o seu pacto. En plan: “ola, mozos, queredes formar novo goberno? Teño algo para vós que vos vai a encantar.”

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    O mércores, día 30, sabiamos que dificilmente poderiamos estar presentes até o remate da sesión do Claustro, aínda así deixamos patente o noso parecer no punto Aprobación das liñas xerais da programación plurianual e orzamentaria para os anos 2016-2017. Unha representación da candidatura estivo presente até o final da sesión para votar.
 UNIVERSIDADES GALEGAS
    Este 13 de abril, convocamos folga para baleirar as aulas, encher as rúas e loitar polos nosos dereitos como estudantes; para amosar o noso rexeitamento a políticas privatizadoras e impopulares como a LOMCE ou o 3+2; porque queremos un ensino para todas, público, democrático e non patriarcal. DEFENDER O PÚBLICO É DEFENDER O FUTURO!
 U-Ránking
    Unha universidade pública non demasiado grande, bastante nova, cunha oferta de títulos moi especializada e cunha política de fichaxe de profesores moi coidada, foi elixida a mellor de España. Trátase da Pompeu Fabra de Barcelona. A peor, por contra, é a San Jorge, a universidade privada de Zaragoza. Así o indica o U-Ránking, a clasificación elaborada polo Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (Ivie) e a Fundación BBVA
 XUNTA DE GALIZA
    No DOG do 31 de marzo publícase a RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 24 de abril de 2015 pola que se regula o réxime de subvencións ás centrais sindicais para o ano 2015 (Diario Oficial de Galicia número 85, do 7 de maio).
 LOITA OBREIRA
    Os ventos antiobreiros que percorren Europa baten de cheo o Estado francés. Para o goberno “socialista” de Hollande, non abondou coa eliminación de moitas das garantías democráticas e dereitos civís baixo o pretexto dos sucesos do Charlie Hebdo e logo despois dos atentados de París, como daquela viñeramos denunciar.
 ASOCIACIÓN GALEGA CONTRA O MALTRATO A MENORES
    AGAMME (Asociación Galega contra o Maltrato a Menores) condena a actuación dun xulgado de primeira instancia de Cartagena que entregou a custodia dunha nena de catro anos a seu pai, contra o que permanece aberto un procedemento por abusos sexuais cara á pequena.
 COMISIÓN ESPAÑOLA DE AXUDA AO REFUXIADO
    A Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR) mostrouse este martes “alarmada” pola situación de absoluta “desprotección” que viven os solicitantes de asilo que tratan de entrar na Unión Europea. O seu portavoz, Nuria Díaz, puxo de manifesto o “fracaso” do plan de reasentamento impulsado pola Unión Europea, que ata o momento só trouxo ao noso país a dezaoito das 16.000 persoas que o Goberno español se comprometeu a acoller.
 LINGUA - Francisco Fernández Rei
    Se eu fose autor dramático faría unha peza en tres lances ó xeito de Castelao. A do rianxeiro tiña dous lances e duraría só dez minutos, pero a miña non sabería dicir canto duraría.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        RECORTES EN SANIDADE

         
          ECONOMISTAS

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript