Abril de 2016
 
 

NÚMERO 309 - 04/04/2016

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALIZA
 

Devolución da extra de 2012

A Intervención Xeral da Xunta ven de ditar instrucións para a devolución do resto da paga extraordinaria de decembro que nos recortou no ano 2012. A devolución será de oficio, agás para o persoal que non estea en activo no momento da devolución.

 

  • Noticias relacionadas

 

Segundo se nos comunica, nas instrucións, determínase que a devolución farase nos meses de abril e setembro.
 
No mes de abril aboarase a parte proporcional a 46 días da paga e no de setembro o resto. Isto quere dicir que se percibirá ata acadar o 75,41% no mes de abril e o 100% no mes de setembro.
 
As fórmulas que se aplicarán serán respectivamente:
 
    En abril: Importe = (Paga Extra * 0,7541) – Parte recuperada
 
    En setembro: Importe = Paga Extra – Parte recuperada

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript