NÚMERO 309- 04/04/2016
CUTUDC / Novidades
Máis colaboracións.
Asembleas
Co fácil que é convocalas non entendo como non se fan máis.
Dous días, un en cada campus e enterámonos, discutimos e, se
fai falta, poñémosvos podres. Isto é o que fai falta, máis
contacto e menos deseño desde as cadeiras sindicais, se o
que se pretende mellorar é a situación do PAS, porque non
hai comunicación directa con nós?.
Promocións
Son das
persoas que na anterior convocatoria de promocións de C2 a
C1, aprobamos e non tivemos praza. Sigo sen entender como
non se ten en conta a nosa situación dado que nestas
circunstancias non prexudicamos a ninguén.
Valoración do tempo traballado nas oposicións
Esténdese polas conserxerías, que é onde
traballo, a posibilidade de que nas
convocatorias de oposición que se convoquen non
se teña a mesma puntuación, na valoración da
antigüidade, en función de que os postos se
desempeñan con contrato laboral ou ben como
persoal funcionario, esta posibilidade ten que
descartarse, débesenos dar a seguridade de que
isto non sucederá. Falámolo entre varios e
chegamos á conclusión de que para asegurar que
isto non sucederá o mellor sería que se nos
funcionarizara. Agardamos que consideredes esta
posibilidade.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript