NÚMERO 309 - 04/04/2016
CUTUDC / Novidades
Os días 29 e 30 de marzo realizamos asembleas en Ferrol e Coruña respectivamente. Nestas reunións non só expuxemos os asuntos nos que estamos a traballar, tamén cumpriron a finalidade de escoitar o parecer das compañeiras e compañeiros que tiveron a ben asistir.
A bagaxe que nos proporciona o contraste de pareceres realizado nas catro asembleas que fixemos durante estes dous días, sitúanos nas mellores condicións para afrontarmos as vindeiras reunións da Xunta de Persoal. Repetiremos a convocatoria de asembleas cando os procedementos abertos estean máis avanzados coa finalidade de que sexan controlados polos traballadores e traballadoras.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript