Abril de 2016
 
 

NÚMERO 309 - 04/04/2016

   CUTUDC / Novidades

  LOITA OBREIRA
 

Andrés Bódalo (SAT), querémolo libre e ao servizo da nosa clase

Concluído o prazo para o ingreso voluntario en prisión do sindicalista Andrés Bódalo, militante do SAT (Andalucía), foi detido para cumprir unha condena de 3 anos e medio de prisión, acusado polo Ayuntamiento de Jódar de agresión ao tenente de Alcalde da localidade, no percurso dunha protesta sindical no 2012, e condenado pola Audiencia Provincial de Jaén.

 

  • Noticias relacionadas

 

O compañeiro Bódalo non se entregou para o seu ingreso voluntario, defende a súa inocencia, por iso o Sindicato Andaluz de Trabajadores/as activa todas as alertas e fai un chamado á solidariedade internacional. A CUT expresa a súa máxima preocupación pola estratexia represiva que en Andalucía se desprega contra o SAT e que está a desastibilizar centos de familias obreiras que levan dado o mellor de si a favor dos nosos dereitos nunha batalla sen cuartel contra a desocupación e a pobreza.
 
A Andrés Bódalo querémolo libre e, como ata fai ben pouco, querémolo ao servizo da nosa clase, dos dereitos de todas as traballadoras e traballadores.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript