NÚMERO 309 - 04/04/2016
CUTUDC / Novidades
Estivo ben a comparecencia de onte do ministro Montoro, pero botei de menos un pouco de posta en escena, á altura do momento político. Non sei, que antes da súa intervención fixese o mesmo “paseito” fronte ao Congreso que se deron Sánchez e Iglesias o día antes; e que logo se fixese unhas fotos diante do cadro de Genovés ante o que Sánchez e Rivera asinaron o seu pacto. En plan: “ola, mozos, queredes formar novo goberno? Teño algo para vós que vos vai a encantar.”
O día que por
fin tome posesión un novo Consello de Ministros, o
presidente Rajoy fará entrega da herdanza que
deixa. Tras catro anos de carraca coa “herdanza
recibida” de Zapatero, empezaremos a falar da
herdanza de Rajoy, coa que terá que convivir o
próximo goberno: débeda pública próxima ao 100% do
PIB, crecemento débil, pouca capacidade de ingreso
en todas as administracións, un mercado laboral
precarizado e co paro por encima do 20% para longo,
un bo buraco na Seguridade Social, a hucha das
pensións chea de tea de arañas… “Aí vos deixo iso,
boa sorte co goberno do cambio, eh”.
Pero por agora, ata que alguén estea en condicións
de facerse cargo da herdanza, vai como adianto un
agasallo, para alegrar as reunións de PSOE, Podemos
e Ciudadanos. Un agasallo sorpresa, o que onte
deixou sobre a mesa de negociación de pactos un
Montoro ao que só lle faltou o seu famoso sorriso
mefistofélico das grandes ocasións.
“Rapaces, xa que estades a negociar plans de gasto
público e previsións de ingresos, tomade este
agasallo … Sorpresa!” Un déficit superior ao
previsto, e moi por encima do comprometido con
Europa, froito dun alegre ano electoral en que todo
se relaxou e houbo rebaixas fiscais e bonificacións
da Seguridade Social que poucos resultados tiveron.
O resultado: a obrigación de recortar máis de
20.000 millóns nada máis entrar en Moncloa. Toma,
moreno.
Iso, ou plantarte en Bruxelas e suplicarlles un
adiamento (o eneísimo, pois ano tras ano
incumprimos). E esperar que haxa boa vontade
política, que a ciencia económica que gastan no
norte é pura vontade política, como se viu cada vez
que fixeron a vista gorda cuns países e apertaron
as torcas a outros. Aínda que todos saben que será
imposible recortar máis de 20.000 millóns nun ano,
os xefes europeos non andan sobrados de paciencia e
levan
meses advertindo: “sexa cal for o novo goberno,
terá que facer máis axustes en 2016”. Que si, que
ao final acaban afrouxando un pouco, pero nunca sae
gratis, sempre é a cambio de novas “reformas”.
Entre tanto discutir que se 131, 161 ou 199, non
sei se os negociadores terán tempo de falar desas
cousiñas: da herdanza para recibir, e do agasallo
de benvida, que lles vai a condicionar o programa
de goberno nada máis chegar, cando teñan que facer
uns novos orzamentos, asinar un calendario con
Bruxelas, e encima abrir caixóns para atopar as
habituais facturas pendentes e déficits ocultos.
Para isto non só fai falta un goberno forte, que
resista a presión "dos mercados", aguante o pulso a
Bruxelas e poida cambiar a actual política
económica. Sobre todo necesítase un goberno con
respaldo social, porque virán curvas.
El Diario
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript