NÚMERO 309 - 04/04/2016
CUTUDC / Novidades
Os ventos antiobreiros que percorren Europa baten de cheo o Estado francés. Para o goberno “socialista” de Hollande, non abondou coa eliminación de moitas das garantías democráticas e dereitos civís baixo o pretexto dos sucesos do Charlie Hebdo e logo despois dos atentados de París, como daquela viñeramos denunciar.
A comezos deste ano o
gabinete presidido por Manuel Valls presentou unha
proposta de reforma laboral, a chamada Lei El
Khomri (polo apelido da ministra de Traballo Myriam
El Khomri). Unha proposta que pretende favorecer a
competitividade no emprego ao ditado da grande
patronal francesa, unha reforma "á española"
segundo as propias declaracións do primeiro
ministro.
Á diferenza do que acontece no Estado español, a
presentación da Lei El Khomri provocou unha
inmediata resposta dos sindicatos de clase e dos
estudantís. O presente mes de marzo estivo
patrimonializado por un calendario de mobilizacións
no contexto dunha poboación que se sitúa no 71%
(segundo as enquisas) contraria a esta medida.
O pasado 9 de marzo, ao igual que o 24 deste mes en
todas as cidades de Francia, a clase obreira estivo
nas rúas coa xuventude e co estudantado. Coa
excepción da CFDT (a UGT francesa) resultou un
contundente NON á reforma laboral. Isto levou ao
gabinete a maquillar a reforma coa intención de
acalar o descontento, e deu comezo o teatro: a
adhesión do amarelismo sindical da CFDT e o
rexeitamento cínico da patronal francesa MEDEF.
Malia os engados e os sainetes o sindicalismo de
clase; CGT, FO, TSU, SLB e Solidaires, así como as
distintas organizacións estudantís, están a facer
un chamamento a participar na FOLGA XERAL que se
desenvolverá este xoves 31 de marzo, así como a
intensificar e a endurecer as mobilizacións para o
mes de abril.
Queremos manifestar o noso afecto fraternal e
amosar a nosa solidariedade internacionalista con
esa loita. Novamente denede o mesmo Estado francés
que creaba os dereitos políticos modernos se nos
está a enviar unha mensaxe ao redor da vixencia e a
necesidade dunha folga xeral.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript