Abril de 2016
 
 

NÚMERO 309 - 04/04/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Reunión do Claustro

O mércores, día 30, sabiamos que dificilmente poderiamos estar presentes até o remate da sesión do Claustro, aínda así deixamos patente o noso parecer no punto Aprobación das liñas xerais da programación plurianual e orzamentaria para os anos 2016-2017. Unha representación da candidatura estivo presente até o final da sesión para votar.

 

  • Noticias relacionadas

 

No punto correspondente á Memoria do Reitor para o Claustro 2015, xa que o equipo de goberno anterior ao que correspondería defender a Memoria,  puxeron en marcha a Comisión para a elaboración do Plan de Racionalización das Estruturas Académicas da UDC (CEPREA). Este equipo de goberno ten pensado que continúe coas súas funcións e, de ser afirmativa a resposta, que prazos se marca.
 
O reitor respondeu que esa pregunta debería facerse na quenda aberta de intervencións. Posteriormente sinalou que era vontade deste equipo a continuidade da Comisión. Ao non poder quedar até o remate da sesión non puidemos preguntar na dita quenda.
 
No punto Aprobación das liñas xerais da programación plurianual e orzamentaria para os anos 2016-2017 sinalamos:
 
Deferimos da análise que se fai desde a institución, as políticas neoliberais que transformaron débeda privada en débeda pública enxugándoa espremendo aos servizos públicos dos que forma parte a universidade están na orixe de todos os recorte
s que padece a UDC, non entendemos polo tanto, que haxa que ter lealdade institucional cun poder político que non ten lealdade institucional coa universidade á que recorta ano tras ano o seu orzamento. Polo tanto, a UDC nunca debeu asinar o Plan de Financiamento. É incomprensible que os reitores das universidades públicas do SUG non fagan fronte común diante desta situación. Segundo o que se acaba de sinalar polo vicerreitor indicando que diminúe a parte de financiamento por resultados e que a parte estrutural non chega para satisfacer as necesidades da universidade véndose na obriga de utilizar o remanente para facer fronte a ese déficit provocando que o que había en 2008 (13 millóns segundo a exposición) pasase a ser practicamente cero (arredor de 500.000€ na actualidade) é indicativo de que a situación é insostible. Chamamos tamén a atención da comunidade universitaria para activar unha resposta unitaria porque temos moito en xogo.
 
Xa no que se refire ás liñas xerais da programación sinalar que desde o ano 2013 o PAS vota en contra tanto das liñas xerais como dos orzamentos polo recorte na partida de acción social e na parte destinada a formación. Nestas liñas xerais só se asegura a acción social consolidada é dicir a do ano anterior. Votaremos unha vez máis en consecuencia até que, como mínimo, non recuperemos a acción social e a partida orzamentaria destinada a formación que se contemplaba nos orzamentos de 2013.
 
Outra cousa que non se contempla nas liñas expostas é a execución da sentenza do Tribunal Supremo que condena á universidade a pagar ao PAS laboral e ao PDI laboral a parte devindicada da extra de 2013. Como as razóns que se establecen na sentenza para a devolución son válidas, tamén, para o persoal funcionario reclamamos, a devulución desta parte da extra a todo o persoal da universidade.
 
A representación da candidatura que estivo presente deu o seu voto negativo neste punto.
 
Convocatoria
 
Memoria do Reitor para o Claustro 2015
 
Liñas xerais da programación plurianual e orzamentaria 2016-2017
 
Informe de xestión do Valedor Universitario

 

 

O Claustro nos medios
 
Web da UDC
 La Voz de Galicia
La Opinión
El Ideal Gallego

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript