NÚMERO 309 - 04/04/2016
CUTUDC / Novidades
Despois do desaloxo producido na noite do xoves na praza da República de París, centenares de persoas volveron ao mesmo lugar este venres coa intención de iniciar un movemento de protesta inspirado no 15M español, ao que denominan a ‘Nuit debout’ (a noite en pé).
O estado de
emerxencia, a reforma laboral e os recortes sociais
do goberno socialista cristalizaron nunha acampada
na praza da República de París tras o éxito da
folga xeral que paralizou Francia este xoves. Aínda
que a convocatoria orixinal se limitába a París,
convocáronse en polo menos outras 20 cidades. Entre
as 5 e 6 da mañá do venres, as concentracións en
París e Nantes foron desaloxadas pola policía
pacificamente. Este é o comunicado difundido polos
promotores da ‘Nuit debout’:
“A reforma laboral foi a pinga que colmou o vaso da
nosa indignación. Tras a mobilización en liña
detrás do lema ‘Valemos máis que isto’, un
colectivo de cidadáns abertos, decididos , alegres
e pragmáticos formouse. Buscamos unha converxencia
das loitas sociais e ambientais e a mobilización
dos estudantes.
A nosa mobilización ten como primeiro obxectivo o
recoller e liberar a voz dos cidadáns que é
inaudible no estreito marco da representación
política tradicional.
Decidimos pasar da rede ás rúas e ocupamos
pacificamente lugares públicos. A #NuitDebout naceu
dunha aposta tola a que o número de apoio popular
deu a razón. Bebemos das experiencia dos indignados
españois, do movemento Occupy norteamericano e da
Primavera Árabe, e estamos a construír un movemento
horizontal, non violento e creativo.
Cómprense todas as condicións para unha verdadeira
renovación democrática deseñada colectivamente por
todos os cidadáns que non se resignan e estanse
levantando en todo o país. Ao longo de Francia,
centos de iniciativas brotan espontaneamente, os
cidadáns decidimos tomar o control do noso presente
e o noso futuro. A #NuitDebout acaba de comezar”.
El Ventano
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript