NÚMERO 308 - 28/03/2016
CUTUDC / Novidades
O A xente de Baladre lanzámonos a organizar as xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais". En decembro de 2012 publicabamos o estudo de viabilidade da Renda Básica das iguais en Galiza, máis tarde, en maio de 2015 a edición galega do libro "Renda Básica das iguais e feminismos".
Entre medias, moitísimas actividades co
obxecto de conseguir que todas teñamos o dereito a
vivir con dignidade. Mentres seguimos a padecer
unhas políticas sociais por parte da Xunta e dos
concellos que non son máis que puras esmolas
(RISGA, axudas sociais, municipais...) que lonxe de
sacarnos da pobreza afondannos máis nela.
O sábado 2 de abril da man de Mari FIdalgo e Manolo
S. Bayona e a partires das 17h os dous compas
analizarán onde estamos (RISGA) e até onde
precisamos chegar para vivir cuns mínimos (Renda
Básica das iguais).
Para aquelas que non coñecemos Baladre deixamos
aquí unhas pequena presentación desta coordinación:
Baladre é unha Coordinación de colectivos da
Península ibérica e norte de África, así como como
colectivos e persoas do cono sur americano, con
diferentes sensibilidades, pero cunha vontade
común: a de denunciar a desigualdade, o
empobrecimiento e a exclusión en calquera das súas
formas. Os colectivos que participamos na
Coordinación de Baladre vímolo facendo tanto en
loitas sociais puntuais e/ou a nivel local, como a
nivel global, en mobilizacións estatais e
internacionais tales como as Marchas contra o paro,
contra a Europa do Capital ou contra o Fondo
Monetario Internacional.
Unha das loitas que reforzan a Coordinación de
Baladre, e que usamos como ferramenta que unifica a
diversidade de reivindicacións dos colectivos e
grupos que loitamos pola transformación social
(vivenda digna, transporte gratis, repartición de
todos os traballos, non á represión e o
cárcere,...) é a loita polo dereito á Renda Básica
das iguais para todas as persoas, que nos permita
vivir dignamente.
Máis información neste enlace:
www.coordinacionbaladre.org/noticia/baladre-30-anos-de-luchas-y-enredos-...
Compartimos tamén unha entrevista de Nosotras las
Personas, programa de radio Pimienta. Deixámosvos
unha entrevista que Manolo S. Bayona lle fai a Mari
Fidalgo >
http://audio.urcm.net/Nosotras-las-Personas-2010-12-14
VÍDEOS:
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript