Marzo de 2016
 
 

NÚMERO 308 - 28/03/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA
 

Remata o peche en Maxisterio

26 días. 26 días, ou máis ben, 26 noites. Ese é o tempo que as estudantes de Maxisterio nos mantivemos pechadas na nosa facultade, argallando como solucionar os problemas que as distintas institucións universitarias e estatais nos estaban dando.26 noites pensando, traballando, compartindo, debatendo, creando e tecendo lazos entre nós.

 

  • Noticias relacionadas

 

 Cavilando de onde poderían vir os nosos problemas, quen era a culpable de que moitas de nós non puidésemos ter docentes, ou de que nos cambiasen os horarios en medio do ano, ou de que se contratasen profesores tarde que, en moitos casos, non estaban o suficientemente formados como para dar a materia que lles tocaba.
 
E fomos entendendo. Comprendemos, logo dun espectáculo noxento no que cada institución ou cargo botaba as culpas aos demáis, que o problema non era a mala xestión dunha persoa. Maxisterio estaba a sufrir un ataque por parte daqueles grupos aos que non lles importa que a educación pública, non só a universitaria, quede convertida nunha institución sen ningún tipo de valor ou uso social, abandoada á lei do mercado. Aqueles que pretenden convertir o público, o de todos, nunha fonte de beneficio dunha minoría.
Tomamos a decisión de loitar contra todo iso, descubrindo que non estabamos soas.Tamén, na propia USC, as estudantes de Filosofía e de CC da Educación do sur comezaran a mesma loita. Unimos forzas, e as cousas comezaron a cambiar.
 
As horas na batalla aportáronnos experiencia, bos e malos momentos. Un dos grandes logros foi a unión deses pequenos grupos de estudantes que intentaban resolver as numerosas problemáticas que había nesta facultades a título individual e con escasos medios.Conseguimos mobilizar ao estudantado, establecer canles co profesorado e decanato, realizar accións conxuntas e crear un órgano co que sentirnos representados,a Asemblea de Maxisterio, comezando a democratizar así a nosa facultade, como pasou na Xunta de Facultade aberta a todo o estudantado. Ademais disto, conseguimos axilizar a contratación de profesorado (poucos en comparación coa cantidade inxente de docencia que aínda falta na nosa Faultade), axilizar tamén os cambios de horario, de grupo e as exencións de docencias. Conseguimos poñer os nosos problemas nos medios de comunicación, estar en boca da sociedade e ademais, non podemos esquecer o contacto directo con reitoría que se abriu a semana pasada, dando pé a futuras negociacións.
 
Agora,despois desta experiencia, decidimos repensar o modelo de loita. O cansancio é innegable, como tamén o son as ganas e a entrega que todas as compañeiras mostramos ao longo do último mes. Así, o Peche de Maxisterio chega ao seu fin, polo menos por agora. Pero a Asemblea de Maxisterio segue adiante, en busca dun ensino mellor para todas nós.
 
A partir de agora centrarémonos en distintos tipos de protestas que iremos anunciando pola páxina nos seguintes días, e lembrade, só persistindo na loita acadaremos os nosos obxectivos.
 
Defender o ensino está nas nosas mans! 


https://www.facebook.com/asembleamaxisterio/?fref=ts

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript