Número 308- 28 de marzo de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

APA convoca asembleas os vindeiros días 29 e 30

A Xunta de Persoal está inmersa nunha serie de negociacións que establecerán novas normas en aspectos tan importantes como promocións, formación, listas de agarda... Na APA consideramos que, neste momento, é imprescindible que, a través das asembleas, debatamos e adoptemos a posición que corresponda.

 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA
    26 días. 26 días, ou máis ben, 26 noites. Ese é o tempo que as estudantes de Maxisterio nos mantivemos pechadas na nosa facultade, argallando como solucionar os problemas que as distintas institucións universitarias e estatais nos estaban dando.26 noites pensando, traballando, compartindo, debatendo, creando e tecendo lazos entre nós.
TRIBUNAL SUPREMO

    O Tribunal Supremo ven de ditar unha sentenza na que se recoñece aos delegados e delegadas de prevención a acceder á documentación das investigacións dos “danos para a saúde dos traballadores” que realice a empresa por si ou ao seu cargo, coma se da autoridade laboral se tratase.

REFUXIAD@S

    O Foro Galego de Inmigración ante a pretensión dunha expulsión masiva de refuxiad@s, como consecuencia do inmoral e inhumano acordo entre os mandatarios da UE e o goberno turco, fai un chamamento á mobilización e á denuncia de violación dos dereitos humanos.

 VERDEGAIA
    O Goberno do PP vén de conceder unha prórroga de 60 anos á empresa ENCE na Ría de Pontevedra, permitíndolle permanecer en Lourizán, en terreos de dominio público, ata o ano 2073. E faino estando en funcións e cun Presidente desaparecido e derrotado, que sabe que non vai revalidar o seu goberno.
 REFUXIAD@S
    Máis dun centenar de refuxiad@s organizaron este mércores novas protestas no campamento da cidade grega, onde bloquearon a repartición de comida de organizacións benéficas para presionar pola reapertura da fronteira con Macedonia.
 A GUERRA DO LEITE
    A Plataforma convoca unha concentración o xoves 31 de marzo en Santiago ante a sede da Consellería do Medio Rural. Prevé continuar coas mobilizacións en demanda de estabilidade para as granxas.
INTERNACIONAL

    A visión que se mantén hoxe día sobre o África actual é a visión puramente colonialista, onde Europa representa a luz e a civilización mentres África é vista como a escuridade e a barbarie.

CRISE ESTAFA

    A mocidade francesa mobilizouse fortemente o pasado 17 de marzo, con preto de 150.000 universitarios e estudantes secundarios en toda Francia. A mobilización pola retirada total da Lei do Traballo entra na súa terceira semana. A manifestación do 17 de marzo enfrontara unha forte represión, pero a mocidade mostra a súa determinación e manifestándoseme de novo este xoves 24 de marzo, día da presentación da Lei ante o Consello de Ministros.

• OPINIÓN - Rosa María Artal

    Cada vez que se produce un acto de barbarie terrorista, sabemos que á imaxe da morte, destrución e sufrimento, seguirá un aparato atafegante que precisa análise e denuncia. Dóenos, sen necesidade de axudas políticas e mediáticas que o incrementen.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    O vindeiro día 30 realizarase unha nova reunión do Claustro Universitario. Aínda que coincide no mesmo día que unha das asembleas que convocamos na Facultade de Socioloxía, intentaremos estar presentes para preguntar, unha vez máis pola devolución do que queda da extra de 2012 e da parte devindicada da extra de 2013 e reclamarlle ao equipo de goberno da universidade o rigoroso cumprimento dos acordos asinados coa Xunta de Persoal. Como sempre, se tedes algunha cuestión que queirades que sinalemos na sesión facédenola chegar.
 UNIVERSIDADE GALEGAS - GREVE DE ESTUDANTES
    Este 13 de abril, convocamos greve para baleirar as aulas, encher as ruas e luitar polos nossos direitos como estudantes; para amosar o nosso rejeitamento a políticas privatizadoras e impopulares como a LOMCE ou o 3+2; porque queremos um ensino para todas, público, democrático e nom patriarcal. DEFENDER O PÚBLICO É DEFENDER O FUTURO!
 MARCHAS DA DIGNIDADE
    Seguir construíndo, aos poucos, unha unidade popular firme que dea a cara contra as agresións ás clases populares e poida, nalgún intre, pasar á ofensiva. Nese obxectivo seguen a traballar as Marchas da Dignidade que coordinan para o 28 de maio a construción colectiva dunha muralla de dignidade, de novo baixo o berro "Pan, Traballo e Teito". Avante!
 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS DE COIA
    O A xente de Baladre lanzámonos a organizar as xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais". En decembro de 2012 publicabamos o estudo de viabilidade da Renda Básica das iguais en Galiza, máis tarde, en maio de 2015 a edición galega do libro "Renda Básica das iguais e feminismos".
 NON AO TTIP
    Video que desenvolve unha entrevista sobre o Plan B para Europa. Pascual Sabido, ativista ambiental e pola xustiza climática, traballa no Corporate Europe Observatory, onde lidera o grupo de traballo de peritos da Alianza para Transparencia no Lobbying e Regulación Ética (ALTER-EU).
 FACUA
    O Goberno e as comunidades autónomas seguen sen actuar contra as cláusulas solo. Esta semana cúmprense tres anos da batería de denuncias que iniciou FACUA en marzo de 2013 contra unha vintena de bancos ante as axencias, institutos, direccións e secretarías xerais de consumo dos dezasete gobernos autonómicos, que son os organismos con competencias para aplicar sancións por esta fraude masiva aos consumidores españois..
 CRISE ESTAFA
    A Europa austericida non asume a súa responsabilidade e culpa aos estados servís das brutais consecuencias dos rescates que lles esixiu. Así o pon de manifesto o libro ‘A construción europea ao servizo dos mercados financeiros', que acaba de lanzar Icaria. “A autoría do deseño do programa pertence ás autoridades do estado membro afectado”, escúsanse CE e BCE. “Os ministros de Finanzas de cada país son quen debe asumir a responsabilidade política”, deféndese o Parlamento Europeo.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    Este decálogo está baseado nun texto de Tilbert D. Stegmann con modificacións e adaptacións ao caso galego. Velaquí os dez pasos para conseguirmos que o galego avance, de grande utilidade para que os divulguemos e para que os practiquemos.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       

         
          ATENTADO

           
            MEMORIA HISTÓRICA

             
              Números anteriores
               
              De interese
              O sindicalismo de clase depende de tí
              CALENDARIO LABORAL 2010
              CALENDARIO LABORAL 2011
              CALENDARIO LABORAL 2012
              CALENDARIO LABORAL 2013
              CALENDARIO LABORAL 2014
              CALENDARIO LABORAL 2015
              CALENDARIO LABORAL 2016
              A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
               
              Sácalles a lingua  
               
              CONTRA O PACTO SOCIAL
              O XORNAL - información obreira
              O IMPERIALISMO NON PASARA!!
              NON AS NUCLEARES
              7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

              cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript