Marzo de 2016
 
 

NÚMERO 308 - 28/03/2016

   CUTUDC / Novidades

  CRISE ESTAFA
 

A Europa ’austeritaria’ culpa aos estados das consecuencias dos rescates

A Europa austericida non asume a súa responsabilidade e culpa aos estados servís das brutais consecuencias dos rescates que lles esixiu. Así o pon de manifesto o libro ‘A construción europea ao servizo dos mercados financeiros', que acaba de lanzar Icaria. “A autoría do deseño do programa pertence ás autoridades do estado membro afectado”, escúsanse CE e BCE. “Os ministros de Finanzas de cada país son quen debe asumir a responsabilidade política”, deféndese o Parlamento Europeo.

 

  • Noticias relacionadas

 

O libro menciona un cuestionario que o Parlamento Europeo dirixiu antes das eleccións europeas de 2014 a altos responsables da Comisión Europea (CE), o Banco Central Europeo (BCE), o Eurogrupo, o Consello Europeo, o Mecanismo Europeo de Estabilidade (MEDE) e o Fondo Monetario Internacional (FMI), coa presunta intención de fiscalizar a actuación da Troika nos países da Eurozona sometidos a programas “” de rescates financeiros. Cuestionario que impunemente ou non responderon, ou fixérono a medias. As respostas son escasas e insatisfactorias, cando non inexistentes. Todos coinciden en exculparse trasladando as responsabilidades aos demais.
 
O BCE, “nun terreo legal incerto”
E as responsabilidades non son menores. O propio informe do Parlamento Europeo (PE) onde se inclúe o cuestionario certifica que “a desigualdade na distribución dos ingresos creceu por encima da media nos países [rescatados]” e “os recortes sociais e o crecente desemprego están aumentado os niveis de pobreza”. Ademais, dúbida da transparencia dos Memorándum de Entendemento (MoU) e da propia legalidade tanto da Troika no seu conxunto como do BCE. Deste, lembra que o seu mandato está limitado polo Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE) á política monetaria, polo que “a participación do BCE en calquera asunto relacionado coas políticas orzamentarias, fiscais e estruturais atópase nun terreo legal incerto”.
 
Vexamos como os austericidas se quitan o morto de encima. Por exemplo, o FMI negouse a contestar argumentando que non ten que render contas aos parlamentos, o que é sorprendente, tendo en conta que el mesmo impón as súas políticas aos propios parlamentos. Herman Van Rompuy contestou que “non está involucrado”, cando como presidente do Consello Europeo representa aos estados membros da UE. Pola súa banda, o presidente do Eurogrupo, Jeroen Dijsselbloem, eludiu a pregunta dicindo que as institucións da Troika son as máis indicadas para contestar, mentres o Banco Central Europeo devolvía a pelota ao Eurogrupo.
 
Todos estes responsables levan anos implicados nas políticas de austeridade levadas a cabo polos gobernos baixo o mandato opaco da Troika, apoiándoas e premendo aos estados para que as apliquen. Agora ben, á hora de contestar a un cuestionario do Parlamento Europeo, eluden as súas responsabilidades e botan a culpa aos estados aos que arrebataron a súa soberanía. Tanto a CE como o BCE téñeno claro: “A autoría do deseño do programa pertence ás autoridades do estado membro afectado”.
 
Os parlamentos nacionais, excluídos da toma de decisións
Incluso unha vez xa aprobado o informe, o Parlamento Europeo, en nota de prensa do 13 de marzo de 2014, chegou a escusarse da seguinte maneira: “A Eurocámara lamentou, tamén, que as institucións europeas se converteran no chibo expiatorio dos efectos adversos das reformas en lugar dos ministros de Finanzas de cada país, que son quen debe asumir a responsabilidade política das mesmas”. O feito de que os parlamentos nacionais fosen excluídos da toma de decisións é outro dos aspectos máis criticados polo PE.
 
A demostración de que o PE non tiña vocación de chegar ata o final na súa presunta fiscalización á Troika, senón máis ben lavarlle a imaxe e eludir as súas propias responsabilidades nas súas graves actuacións na véspera das eleccións do Parlamento Europeo de 2014, témola no seu silencio ante o cuestionario enviado por parte da Plataforma por unha Auditoría Cidadá da Débeda do Estado español (PACD) e do Comité para a Anulación da Débeda do Terceiro Mundo (CADTM). Tanto o Comité de Asuntos Económicos e Monetarios do PE como europarlamentarios de todas as cores políticas, ademais dos propios asinantes do informe e o europarlamentario socialista español Alejandro Cercas, autor dun informe máis crítico sobre a Troika, foron interpelados para responder a unhas sinxelas preguntas. Ninguén tivo a ben responder, demostrando que son parte do problema e non da solución e que a pesar de pedir máis transparencia á Troika, eles non a practican.
 
Nota:
O devandito cuestionario foi enviado o 27 de febreiro de 2014 en inglés, francés e castelán por parte da Plataforma por unha Auditoría Cidadá da Débeda do Estado español (PACD) e do Comité para a Anulación da Débeda do Terceiro Mundo (CADTM) aos dous autores do informe sobre a Troika, ao Comité de Asuntos Económicos e Monetarios do Parlamento Europeo (PE), así como a distintos europarlamentarios e ao servizo de prensa do PE. Ata a data non recibimos resposta algunha.
Pódese atopar o cuestionario no libro A construción europea ao servizo dos mercados financeiros. Da CECA ao TTIP, Europa antepon o capital ás persoas, Icaria, Asaco 2016.
 
Jérôme Duval e Fátima Martín
 
Artigo: http://www.elsalmoncontracorriente.es/?La-Europa-austeritaria-culpa-a-los

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript