Marzo de 2016
 
 

NÚMERO 308 - 28/03/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

APA convoca asembleas os vindeiros días 29 e 30

A Xunta de Persoal está inmersa nunha serie de negociacións que establecerán novas normas en aspectos tan importantes como promocións, formación, listas de agarda... Na APA consideramos que, neste momento, é imprescindible que, a través das asembleas, debatamos e adoptemos a posición que corresponda.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

 
Outro aspecto esencial é que as normas de comportamento que pactemos coa representación da universidade deben levarse a efecto na súa integridade. Neste terreo temos múltiples exemplos de incumprimentos do equipo de goberno que ven de renovarse durante outros catro anos, falaremos tamén disto.
 
Convocamos as asembleas coa intención de, entre tod@s, debater e acordar a posición a adoptar. Aínda que sabemos que os aspectos sinalados son de interese xeral tamén debateremos sobre todos os puntos que poidan aparecer na propia asemblea.
 
ASEMBLEAS:
 
Campus de Ferrol:
Martes, día 29 de marzo
Facultade de Humanidades
Pola mañá: ás 13:00 h.; pola tarde: ás 16:00 h.
 
Campus de Coruña:
Mércores, día 30 de marzo
Facultade de Socioloxía, no Salón de Actos
Pola mañá: ás 13:00 h.; pola tarde: ás 16:00 h.
 
A TÚA OPINIÓN CONTA, PARTICIPA !!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript