NÚMERO 308 - 28/03/2016
CUTUDC / Novidades
O Goberno do PP vén de conceder unha prórroga de 60 anos á empresa ENCE na Ría de Pontevedra, permitíndolle permanecer en Lourizán, en terreos de dominio público, ata o ano 2073. E faino estando en funcións e cun Presidente desaparecido e derrotado, que sabe que non vai revalidar o seu goberno.
Trátase dunha decisión
política, e mesmo faise incumprindo o Regulamento
Xeral de Costas, que impide a prórroga dunha
concesión mentres estea aberto un expediente de
caducidade, caso no que se atopa a empresa
pasteira. Máis unha vez, o PP defende os intereses
particulares, os seus intereses e os dos seus
amigos, fronte ao interese xeral, socialmente máis
xusto e máis rendíbel desde o punto de vista
económico e ambiental.
Esta prórroga de 60 anos a ENCE impedirá
definitivamente a recuperación da Ría, das nosas
praias, da calidade de vida e da economía da
comarca, que ten que vir da man da explotación
racional dos recursos naturais (nomeadamente,
pesca, marisqueo e sector forestal) e do turismo,
unha economía sustentábel no tempo e incompatíbel
coa presenza do complexo ENCE-ELNOSA na Ría. Por
iso temos que conseguir que esta decisión, que non
é firme, poida ser revogada; e témolo que facer
tanto pola vía administrativa e xudicial, como pola
da mobilización social. Temos que esixir do novo
goberno no Estado, que impida que esta nova aldraxe
á nosa Ría, á nosa calidade de vida e á nosa
economía vaia adiante.
Non podemos esquecer que esta empresa foi condenada
por delito ecolóxico continuado no ano 2002; que,
como daquela, sigue incumprindo a lexislación
ambiental e que leva 50 anos destruíndo o medio
ambiente, os recursos naturais, a calidade de vida
e a economía da comarca. Porque temos a razón, por
dignidade, e porque está en xogo o futuro da Ría e
o das xeracións vindeiras, hoxe máis que nunca
IMPIDAMOS A PRÓRROGA A ENCE NA RÍA DE PONTEVEDRA!
https://www.change.org/p/xunta-da-galiza-impidamos-a-pr%C3%B3rroga-de-ence-en-louriz%C3%A1n
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript