Número 307- 21 de marzo de 2016
 
 

O LADRÓN DEVOLVE PARTE DO ROUBADO

Feijóo anuncia que nos devolverá o que nos recortou no ano 2012

O sr. Feijóo, que, desde o ano 2012, nos rouba unha parte importante do noso salario, anuncia, que nos devolverá, parte do que nos rateou no ano 2012 (arredor do 50% da extra que aínda, a estas alturas, non se nos reintegrou). farao, segundo sinalan os medios de comunicación, en dous cómodos prazos, o 25% en abril e outro 25% en setembro, “casualmente” correspondéndose esas datas cos períodos anteriores a unhas máis que previsibles eleccións estatais, o primeiro prazo, e autonómicas, no segundo. Anuncia, de paso que, a partir do ano 2017 non se nos recortará o específico das pagas extra.

 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE GALIZA
    Erguer, fai un chamamento ao todo o estudantado galego para que o día 13 de abril baleire as aulas e encha as rúas como mostra de rexeitamento á LOMCE e ao decreto de 3+2, en defensa do ensino público.
UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA

    A Universidade de Santiago de Compostela (USC) abrirá expediente disciplinario ao profesor Luciano Méndez polos supostos comentarios sexistas que dirixiu a unha alumna durante unha clase na facultade de Económicas.O proceso iniciouse tras unha denuncia presentada por un grupo de alumnos testemuñas e por parte a afectada, a estudante María Fungueiro, que remitiron un escrito ao decanato da facultade criticando que o docente se dirixiu á alumna con comentarios sobre o seu escote, que "o distraía" para impartir a clase.

LABORAL

    A agresión aos dereitos laborais na empresa Citroën non para. Desta volta un ERE-ERTE con afectación a máis de 400 persoas que está a ser sometido a estudo pola asesoría do sindicato para a súa impugnación xudicial, despois do acordo unánime da asemblea sección sindical da CUT.

 CUT
    O Secretariado Nacional da CUT, na súa sesión do 15 de marzo debateu de maneira monográfica sobre a celebración o vindeiro 16 de abril de 2016 da Conferencia Nacional "Sindicalismo en movemento", que acollerá á afiliación da CUT na cidade de Compostela.
 FACUA
    Novamente os consumidores españois elixiron a Movistar , a marca comercial dos produtos de telefonía fixa, móbil, televisión e internet da multinacional española de telecomunicacións Telefónica, como A Peor Empresa do Ano.
 CRIMES SEN CASTIGO NO CASO DOS ERES?
    A corrupción é a base estrutural que sostén ao denominado Réxime do 78 que, con boa saúde, acolle aos recentemente chegados partidos de nova xeración. Susténtase esencialmente en esquecementos “e perdóns”, de antes e de hoxe. Para garantilo, as institucións do Estado creáronse para favorecer a corrupción a través das propias leis.
LOITA SOCIAL

    Manifestantes da Coalición Nacional de Redes e Organizacións Ambientais (CNRO) esixiron o pasado día 17, ás autoridades hondureñas que capturen aos asasinos da loitadora indíxena e ambientalista Berta Cáceres.

CRISE ESTAFA

    O INE, que basea os seus datos na poboación que ten inscrición a efectos electorais na comunidade autónoma, sinala que as novas inscricións por parte de Galicia no padrón de españois residentes no estranxeiro foron 20.812 ao longo de 2015. Un crecemento que sinala os efectos da crise, que afecta especialmente ao sector mais xove e preparado da sociedade que se ve na obriga de ter que buscar fóra a saída laboral que non atopa na súa terra. Segundo a estatística feita pública polo INE son 503.840 as galegas e galegos que residen fóra das fronteiras do estado español.

• OPINIÓN - Isaac Rosa

    A noite do domingo non peguei ollo tras ver a Edward Snowden no ‘Obxectivo', e este luns non puiden probar bocado despois de ler a entrevista en eldiario.es. Así levo máis de vinte e catro horas: insomne e co estómago encolleito.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    A Xunta de Persoal de Administración e Servizos levou a efecto o acordo unánime de denunciar nos medios de comunicación o incumprimento institucional da normativa que regula as comisións de servizos.
 UNIVERSIDADE - PAS LABORAL - CONFLITO COLECTIVO
    Hai uns días comunicámosvos a sentenza do Tribunal Supremo sobre a parte da extra devindicada no ano 2013. Agora ese mesmo tribunal ven de ditar sentenza recurso de casación ordinaria interposto pola universidade contra a resolución ditada polo T.S .X.GALICIA SALA DO SOCIAL. A sentenza recoñece o que manifestamos noutras ocasións, a universidade recorreu coa única finalidade de retrasar o pago e, por outra parte, que o diñeiro que se nos abonou no primeiro pago non se correspondía co que deberiamos cobrar.
 LOITA POLOS DEREITOS LABORAIS
    "Estades poñendo á traballadora no disparadeiro", "coidado porque neste sector coñecémonos todos e imos ter que explicar por que non queremos á traballadora". Estas ameazas intolerábeis facíallas á CUT Luís Barreiro, profesor na USC, cando fracasadas as “negociacións” para a readmisión dunha compañeira na empresa que preside lle advertimos de que chegaba o tempo da mobilización.
 CONSELLO DE MINISTROS
    O Consello de Ministros deste venres aprobou a OEP (Oferta de Emprego Público) do ano 2016. Abonda con votarlle unha ollada para decatarse cales son as prioridades dun executivo en funcións que se nega a dar explicacións no Parlamento pero que toma decisións que repercutirán no goberno que o substituirá. Neste caso cun incremento do 99,4% o Corpo Nacional de Policía foi o máis afortunado nas bolas. A prioridade non é nin a educación nin a saúde, o importante, para este goberno acurralado socialmente, é reprimir.
 SINDICALISMO DE CLASE
    O compañeiro Óscar Reina, voceiro nacional do SAT, visitou na pasada semana diversas organizacións comarcais da CUT en Galiza, na súa primeira viaxe oficial a este país despois de que o seu predecesor, Diego Cañamero, consolidase unha forte alianza fraternal entre este proxecto sindical do sur e a CUT.
 TRABALLADOR@S EVENTUAIS DO SERGAS
    Os traballadores eventuais recolleron este mércores a testemuña dos sindicatos sanitarios, que xa protestaron a semana pasada en Santiago contra a "ridícula" OPE do Sergas. Varios centos de persoas marcharon este mércores desde o Obradoiro cara á Xunta, reclamando que se cubran "as aproximadamente 3000 vacantes" que se xeraron durante os últimos anos, pero tamén denunciando a "tiranía" que exerce o Sergas con contratos precarios "por días ou por horas" para os traballadores eventuais.
 REFUXIAD@S
    Vivimos unha situación globalizada de urxencia. Nun estado de alerta que require e convoca todas as nosas mans, sen excepcións. As administracións estatais da Unión Europea organízanse co asasino Erdogán (presidente da Turquía) para mercadear corpos humanos e deportar masivamente a outras traballadoras e traballadores que á procura da sobrevivencia chegaron a unha Europa que as estafou.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    A plataforma cidadá Queremos Galego, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística, coa participación de máis de 600 entidades sociais, fixo público un breve vídeo explicativo da sentenza contra o uso do galego do TSXG.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        ENTENDER A FACTURA DA LUZ

         
          QUEN FORA CAN, DIXO O TOURO

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript