Marzo de 2016
 
 

NÚMERO 306 - 14/03/2016

   CUTUDC / Novidades

  "AXUDA" MENSUAL PARA EX PARLAMENTARIOS
 

Os pobres ex deputados españois

Despois do 20 de decembro electoral 64 “servidores” públicos perderon a súa condición de deputados e acolléronse á axuda de 2.813,87 euros que outorga o Congreso en concepto de "indemnización por cesamento" (...).

 

  • Noticias relacionadas

 

       “Todos somos iguais ante a lei” adoitan alegar os xerarcas e politicastros en España. Pero a frase é puro fume farisaico, porque nin sequera no papel é certa. Vólveo a confirmar a realidade.
 
    Despois do 20 de decembro electoral 64 “servidores” públicos perderon a súa condición de deputados  e acolléronse á axuda de 2.813,87 euros que outorga o Congreso en concepto de "indemnización por cesamento", se non contan con ingresos particulares.
 
      Acóllense ao Regulamento de Pensións Parlamentarias e outras prestacións económicas a favor dos ex parlamentarios, no que se establece a duración deste beneficio, que pode alcanzar os dous anos dependendo do tempo que ocupasen o cargo nas Cortes.
 
     Entre os máis coñecidos políticos que recibirán estas xenerosas pagas destacan os populares, Ana Mato, Eduardo Gil Lázaro, Alfredo Prada e os "socialistas" Eduardo Madina, Diego López Garrido e Trinidad Jiménez, así como os ex deputados Rafael Larreina  de Amaiur e José Luis Centella de Izquierda Unida.
 
   Na información publicada na web do Congreso danse a coñecer as mensualidades para cada beneficiario.
 
   De todos eles só o exdiputado do PP Eduardo Gil Lázaro terá a asignación integra  despois de 32 anos de labor parlamentario no Congreso.
 
     Séguenlle nesa lista os socialistas Isabel López i Chamosa con 20 meses e Julio Villarrubia e Ana Mato con 19 mensualidades, mentres que o popular Alfredo Prada teraa por 14 meses.
 
      Pola súa banda, ao que fora candidato a secretario xeral do PSOE Eduardo Madina recoñécenselle 12 meses, igualmente a José Luis Centella. A continuación, con 4 meses de goce, Rafael Larreina (Amaiur) e Diego López Garrido (PSOE). E por último a ex ministra socialista Trinidad Jiménez, cobrouna un mes tras renunciar pola súa fichaxe en Telefónica.
 
Canarias Semanal
 
O deputado máis rico do parlamento pide os 2.800€
 
Non se salva ninguén
 
O que fora deputado Telmo Martín renuncia agora á indemnización que pediu ao Congreso

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript