NÚMERO 306 - 14/03/2016
CUTUDC / Novidades
Había tempo que non se percibía no campus da USC en Santiago, accións concretas propias dos movementos estudantís. Pequenas revolucións que case sempre conseguen gañar grandes batallas. Esta en concreto, xa ten nome, a lo menos, nas redes sociais co hangtag #pechemaxisteriofilosofía.
Estamos a
metade de curso e varias prazas de docentes seguen
sen cubrir o que provoca que moitas materias estean
aínda sen impartir. A isto hai que sumarlle un
cambio de horario lectivo que trastoca por completo
a actividade dos alumnos (coincidencias de dúas
materias na mesma hora, por exemplo) .
Un horario, por outra banda, que xa quedara
establecido en maio do ano pasado: “Que era o que
nos correspondía. E en todo caso non consultaron
con nós a decisión dese cambio”, nos conta Noelia
Rey Fajín, vogal do movemento
Asemblea Maxisterio. Esta mesma problemática
acontece na facultade filosofía, polo tanto, o que
ía ser un encerro unilateral da Facultade de
Maxisterio acabou converténdose, nunha convocatoria
de case 300 universitarios, coa unión dos alumnos
de filosofía.
Como adiantábamos, esta rápida difusión deuse
grazas a viralización da convocatoria a través das
redes sociais, onde non cesan os apoios, as
demandas e as solicitudes dunha solución aos
órganos de goberno da Universidade de Santiago. E
así ata que os profesores cheguen. Mentres, os
futuros filósofos e educadores matan o tempo con
diversas actividades culturais coma sesión de cine
ou concertos. Ocupan as aulas como lugares de
discusión de cara a vindeira acción e os ximnasios
como habitacións improvisadas para durmir. Nos
baños hai cepillos dos dentes coma na casa e os
recunchos da facultade convértense en “bulebule”
para facer do peche, algo levadeiro.
COMUNICAMPUS
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript